11 de dec. de 2009

A GUARDA

ANSELMO MARTINEZ PENA, EX-PRESIDENTE DO RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS, APOIA Á PROPOSTA DE HOMENAXE Ó POETA XOSÉ CARLOS GÓMEZ ALFARO
Chuny Vázquez Vicente, Antonio Martinez Vicente e Xosé Carlos Gómez Alfaro, no Centro Cultural e Social de A Guarda, ademirando - o 26 de maio de 2005 - unha exposición sobre D. Quixote, co gallo do 400 aniversario da pubricación da primeira edición da obra de D. Miguel de Cervantes Saavedra

Foto: Arquivo Infogauda

Infogauda / A Guarda

As testemuñas de apoio á proposta de homenaxe póstuma o poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro van a máis. Como xa dixemos noutra ocasión precedente, a iniciativa xa non tén volta de folla. O que se plantexa diante da institución municipaln é algo que tén que producirse máis cedo que tarde. Calquer demora non tén xustificación. Así alomenos, o entendemos nós.

O tempo que alentamos á presentación de máis adhesións (de particulares, de asociacións culturais, de veciños, de centros educativos,...), salientamos que Anselmo Martínez Pena, ex-presidente do Recreo Artístico Guardés, vén de presentar este venres día 11 de decembro, no Concello de A Guarda (Rexistro de Entrada nº 9.055) unha instancia na que en síntese dí o seguinte:

1º. Únome a proposta de nomear ao profesor e poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro, Fillo Adoptivo de A Guarda,

2º. Que Xosé Carlos Gómez Alfaro viviu e traballou na Guarda, e foi aquí precisamente onde xestou moitas dás súas obras legándonos colleitas abondosas e un repertorio fermoso de poemas nos que A Guarda estuvo sempre presente.

3º. Que Xosé Carlos Gómez Alfaro, soubo exercer como profesor, escritor e poeta, mantendo un firme compromiso coa nosa xente, coa nosa Lingua e coas libertades democráticas.

En base os méritos acreditados por Xosé Carlos Gómez Alfaro, considero que é un acto de xustiza nomealo Fillo Adoptivo de A Guarda.

APOIO a SOLICITUDE:

Que o Alcalde de A Guarda, convoque un Pleno Extraordinario con un único punto na Orde do Día:


- Proposta de homenaxe póstumo o profesor e poeta Xose Carlos Gomez Alfaro, e dese xeito, segundo o previsto no vixente Regulamento de Honras e Distincións, dar comezo o procedemento para nomear a Xosé Carlos Gómez Alfaro, Fillo Adoptivo do pobo de A Guarda.

A Guarda, a 11 de decembro de 2009.

Sr. Alcalde – Presidente do Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario