Referencia do Consello da Xunta que tivo lugar hoxe, venres 11 de decembro, no Pazo de Raxoi
· Alberto Nuñez Feijóo presidiu a reunión do Consello da Xunta. Autora: Ana Varela
Infogauda / Galicia
Premendo na seguinte ligazón poderá ter acceso á referencia do Consello da Xunta celebrado hoxe no Pazo de Raxoi.
Feijóo subliña que os helicópteros da Xunta funcionarán en 2010 as 24 horas do día e os 365 días do ano garantindo a maior seguridade na costa galega
Autora: Ana Varela
Sinala que o número de pilotos incrementarase ata 18, que se pasará de 2 a 9 rescatadores e que as horas de voo subirán de 600 a 1.800 durante o próximo ano, o que supón un incremento orzamentario de 15 millóns de euros ao ano.
Sostén que con este acordo pásase dunha situación na que a tripulación dos helicópteros traballaba “en horario de oficina” e o resto do día estaba localizable, a que “agora se funcione con presenza física as 24 horas do día e os 365 días do ano”.
Resalta os acordos adoptados hoxe polo Consello en materia sanitaria, como o que establece a aceptación de inmobles de cinco centros de saúde; o que amplía ata 4,3 millóns de euros o importe do Plan de Continxencias Sanitarias do 061 contra a gripe A, e o investimento de 5,7 millóns de euros na construción da cociña e da gardería do novo hospital de Lugo.
Destaca o “extraordinario éxito” do Plan Renove de Electrodomésticos no que a Xunta investiu 4 millóns de euros e co que, en 29 días, se venderon 44.180 electrodomésticos en 1.000 establecementos galegos, favorecendo un aforro enerxético nesta operación de 1,7 millóns de euros.
Ler máis.
O Servizo Galego de Saúde fixa os servizos mínimos para a folga do vindeiro día 16 de decembro
Os servizos mínimos establecidos coinciden cos fixados anteriormente en anteriores folgas e axústanse a criterios para garantir a correcta prestación da asistencia sanitaria á cidadanía.
Dende a Administración fíxose un novo esforzo na procura de consenso e de continuar co diálogo para acadar unha resolución cos sindicatos.

O presidente da Xunta defende que non haxa cargos políticos nos consellos de administración das caixas
Avoga por que exerzan a representatividade da Comunidade Autónoma nestes órganos de goberno das caixas persoas que teñan coñecementos en materia xurídica, económica ou financeira, e que non ostenten ningunha representación política nin ningún cargo político no momento en que sexan elixidos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario