19 de dec. de 2009

A GUARDA

ÁBACO PRESENTA UN NADAL DE ACTIVIDADES PARA INCENTIVAR AS COMPRAS EN A GUARDA

Ábaco / A Guarda
A Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios ‘ábaco’ presenta o programa de actividades que ten preparado este Nadal no que os nenos volven a ser os protagonistas, e por suposto, esta campaña está realizada co ánimo de que a xente saía a rúa a pasear e mercar no comercio local

Papa Noel estará visitándonos nas galerías da Praza Nova os días 22 e 23 de decembro, onde tamén haberá música, obradoiros para nenos e o tradicional concurso de tarxetas de debuxo.
Seguiremos con obradoiros os días 29 e 30 de decembro e para o martes 5 de xaneiro colaboraremos na Cabalgata dos Reis Magos.


ACTIVIDADES QUE A ASOCIACIÓN ÁBACO TÉN PROGRAMADAS PARA ESTE NADAL
Día 22 dende as 5:30 ata 7:30 da tarde Papa Noel e obradoiro para nenos “Mural Navideño”.
Día 23 as 11:30 da mañá haberá cine infantil “Ice Age 3” e pola tarde volverá Papa Noel e obradoiros para nenos.
Día 29 as 11:30 da mañá seguiremos con Mural Navideño e karaoke e pola tarde, de 5:30 a 7:30, teremos obradoiros para nenos “Taller de Maquillaxe”.
Día 30 pola mañá haberá talleres infantís de “Maxia e Globoflexia” entre outros, e pola tarde seguiremos con obradoiros e debuxos animados.
Os días 23 e 30 haberá Animación nas rúas, percorrendo as rúas de A Guarda a charanga “Air Jalisia”.

Por último dende ‘ábaco’ queremos convidalos a participar no que será o último “Nadal de ábaco”, chamado así pola xunta directiva, e que para o vindeiro ano sexa “O Nadal de A Guarda”, aproveitando tamén os recursos do Concello deberíase intentar que a campaña de dinamización do Nadal tivera comezo o 1 de decembro, aproveitando a ponte da Constitución.

¡BÓ NADAL E FELIZ ANO NOVO!

Ningún comentario:

Publicar un comentario