19 de dec. de 2009

GALICIA

Cultura e Turismo presenta a campaña publicitaria do Xacobeo 2010 “agora é cando, galicia é onde”

· Roberto Varela no acto de presentación da campaña publicitaria do Xacobeo.
Foto: Consellería de Cultura e Turismo.
Infogauda / Galicia
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e o director-xerente da S.A de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, avanzaron os contidos da imaxe e da campaña do Ano Santo que presenta o Xacobeo 2010 como “o ano de Galicia”.

A Dirección Xeral de Emerxencias activa a alerta laranxa por baixas temperaturas en Ourense e Lugo

Os termómetros poderían chegar aos 10 graos baixo cero esta noite na montaña ourensá.

Ler máis.

A consellería de Medio Ambiente adxudica a explotación do sistema de saneamento do Río Louro e da Edar de Guillarei

Estas actuacións foron declaradas de interese xeral do Estado en Galicia, foron executadas pola Confederación Hidrográfica do Norte (agora Miño-Sil) e remataron en decembro 2006, pero a súa explotación nunca se puxo en funcionamento.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas investirá nestas infraestruturas un importe de case 4 millóns de euros.
A empresa adxudicataria foi a UTE-Aqualia Integral del Agua, S.A. & Movex Vial, S.L..

Ler máis.

A Consellería do Medio Rural prepara a ampliación do Catálogo galego de árbores senlleiras

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza recibiu un total de 433 novas solicitudes, das cales 60 son favorables.
Os exemplares e formacións non incluídos no Catálogo poderán ser protexidos mediante instrumentos de carácter local ou a través doutras figuras de protección da natureza.
Recentemente foi declarado espazo privado de interese natural as Sobreiras do Faro, a petición da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Viladesuso (concello de Oia, Pontevedra).

Dúas curtametraxes do catálogo ‘Curtas 09’, do Consorcio Audiovisual de Galicia, finalistas nos XXIV Premios Goya
As curtas ‘X Nada’ de Toni Veiga e Dani de la Torre e ‘The werepig’ de Sam Ortí, recollidas no catálogo CURTAS 09 están entre as 10 finalistas á mellor curtametraxe de ficción e de animación respectivamente, nos XXIV Premios Goya da Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas de España.
utra curta galega, ‘O soldadiño de chumbo’ de Virgina Curiá e Tomás Conde tamén é finalista á mellor curta de animación.

Ler máis.

Rueda confirma que o Xulgado do Mercantil de Vigo estará funcionando con normalidade o vindeiro 30 de decembro

Ler máis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario