ESQUERDA UNIDA CALIFICA DE "AUTÉNTICO DISLATE" AS OBRAS DE "REHABILITACIÓN DA ALAMEDA"
- O portavoz de EU recrama a Saída Sur do porto de A Guarda e outras obras que considera prioritarias
O abaixo asinante José Antonio González Morais, representante do Grupo Municipal de Esquerda Unida, no Baixo Minho, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte,“Plan E”, e igual a: Plan Estúpido, Estafa- Estatal. Moitos pregúntanse como o Goberno pon tantos cartos en poder dos Alcaldes de tódolos concellos, que son auténticos saqueadores do dinheiro público...etc.
Dende o noso punto de vista as obras que realizou o PSOE, son incompletas, innecesarias algunhas delas, con falta de rigor. Pomos como exemplo a Rehabilitación da Alameda. ¿O Rexedor sabe o que significa rehabilitar?. Os cidadáns ven redución de espazo público, materiais que non se adaptan ao entorno, mamotretes arredor dos árbores, unha auténtica desfeita, estamos ante os resabidos “Populistas Progresistas”, gastando 608.143,99 €, mais de 101 millóns de pesetas, un auténtico dislate..
A Guarda é un pobo que mira cara ao Mar pero sen saída Norte e Sur, un pobo estrangulado. ¿Para cando a saída do Porto Guardés?
Circunvalación de Camposancos sen rematar dende A Cruzada a Camposancos e dende o Couto ata a Sangrinha. ¿E a circunvalación da Guarda con dirección a Baiona?
Dende EU dicimos que estas son exemplos de prioridades que demanda a cidadanía Guardesa. Os do talante só se preocupan da propaganda e demagoxia, o importante é recuncar.
EU DO BAIXO MINHO SOLICITA AO CONCELLO:
Quen é, ou son os responsable dos proxectos do plan E na Guarda.
Onde están os proxectos das obras a que se realizaron e as pendentes de rematar.
En que criterios se basearon.
Cómo se fixeron as contratacións.
A Guarda 14 do Nadal 2009
Ningún comentario:
Publicar un comentario