13 de dec. de 2009

GALICIA

A Consellería do Mar organiza o vindeiro 18 de decembro en Santiago a xornada “Galicia en Europa. a reforma da Política Común de Pesca: por un cambio eficaz e de futuro”



Infogauda / Galicia
A Xunta exporá ante o sector e outros actores sociais a proposta de Galicia para a Reforma da Política Pesqueira Común.
O obxectivo do evento é que as entidades do sector, os partidos políticos e actores sociais vinculados ao mundo do mar coñezan a achega definitiva de Galicia ao respecto.
Na elaboración do documento que a Consellería do Mar presentará en Bruxelas a próxima semana foi clave a participación do sector.

A Xunta demanda ao Ministerio de Industria que garanta as conexións de banda larga cunha velocidade mínima de 1 mega e que o servizo de información telefónico estea dispoñible tamén en lingua galega
Resposta así á consulta pública feita polo Ministerio sobre o alcance do Servizo Universal de Telecomunicacións.
Trasládalle a necesidade de establecer unhas prestacións mínimas garantidas da banda larga aos cidadáns de, polo menos, o 50% de velocidade.
O Goberno galego advirte que non aceptará períodos transitorios na calidade dos servizos mínimos que supoñan discriminación para os usuarios das zonas rurais.
Exixe información fiable nas guías telefónicas que identifiquen o número de menor custo para as consultas telefónicas de información.
Como medida adicional e complementaria, a Xunta está a elaborar o Plan Director para a extensión dun servizo de banda larga de calidade a todas as zonas que actualmente non dispoñen del.
Xoán Babarro recibe o Arume de poesía, un premio que convoca a Fundación Neira Vilas coa colaboración de Política Lingüística
Anxo Lorenzo participou hoxe no acto de entrega do galardón, presidido polo responsable da fundación e ao que tamén asistiu o alcalde de Vila de Cruces.
O secretario xeral gabou a calidade da obra gañadora e destacou o labor da entidade que preside Neira Vilas como referente para a lingua galega no ámbito da emigración.

Ningún comentario:

Publicar un comentario