JOSÉ BALBIS FORNEIRO, UN GRANDE TALLISTA
· Foi discípulo do escultor Xosé María Acuña
Infogauda / A Guarda
Ainda que naceu en Ourense é un guardés de adopción, xa que de A Guarda é súa dona, e na vila guardesa é onde residen logo da súa merecida xubilación.
A andaina artística de José Balbis escomenzou cando contaba con tan soio 7 anos de edade. Foi na cidade das Burgas, onde por encárrego escomenzou a facer tallas en madeira.
Cando cumpliu ós 9 anos, entrou na Escola de Xordomudos, en Santiago de Compostela. Alí coñecería o escultor Xosé María Acuña, que sería seu mestre. Nesa escola practicou o deseño, modelado en arxila e talla en madeira.
Posteriormente, con 20 anos, viaxou a Buenos Aires. Na capital bonaerense recibiu formación na Academia Asplanato. Daquela etapa conserva fermosos dibuxos a carboncillo e sanguina, así como algunhas ferramentas, nas que figuran súas iniciais e o ano 1957. Na súa estadía na Arxentina tamén fixo pinturas ó óleo.
Con 26 anos foise para Alemaña, onde residía Rosalía González, moza guardesa que xa coñecera na Escola de Xordomudos de Santiago. Con ela contraeu matrimonio. Na emigración en Alemaña nacería seus fillos Eduardo e Alberto.
Logo de tres décadas na emigración no país teutón, a familia Balbis González retornou a Galicia, afincándose na vila guardesa.
As inquedanzas artísticas de José Balbis Forneiro lévano a traballar a cotío na madeira, facendo fermosas tallas en boas madeiras. Súa predilección son os pescadores, pulpeiras, pescantinas, redeiras, ..., e tamén compoñentes das treboadas miñotas, así como imaxes baseadas na iconografía relixiosa e tamén os principais persoaxes cervantinos, D. Quixote e Sancho Panza.
Agora mesmo está preparando unha talla que representará o cantautor e músico guardés, Tino Baz Baz.
José Balbis Forneiro é un artista xenial. Súas obras falan da súa afabilidade e tamén dos seus coñecementos técnicos na arte da talla.
Ningún comentario:
Publicar un comentario