O GRUPO DE GOBERNO CONSINTE QUE SE INCUMPLA A NORMATIVA DE ACCESIBILIDADE NOS EDIFICIOS
Infogauda / A Guarda
Na Guarda, o alcalde – que na súa toma de posesión prometera que ía gobernar para todos – é o goberno municipal que preside, permiten que algúns incumplan a lexislación en vigor, en materia de accesibilidade. A cousa é “ir de buen rollito”, ainda que con esa reprochable actitude, tan soio se beneficien uns poucos, e se perxudiquen os demáis. E para mostra, calquer cidadán pode comprobar que alguns munícipes non fixeron os deberes. Dito doutro xeito, que presuntamente incumplen coas súas obrigas. Se alguén quer comprobar-lo, non tén máis que achegarse á entrada do estabrecemento chinés que vén de abrir súas portas esta mesma semana. Agás algúns políticos, incruso os invidentes - con tódolos nosos respectos - poden decatarse que o devandito comercio incumple a normativa aplicable en materia de supresión de barreiras arquitectónicas. E non é cuestión de racismo nin nada polo estilo. Decímolo porque algúns incompetentes igoal pretenden escudarse nese tipo de "argumentos" para tentar xustificar a súa ineptitude.
¡Co que lles custan os veciños os soldos que algúns se autoasignaron, e qué pouco demostran merece-los!
A xeito de recordatorio, ahí vai unha ringleira de lexislación que algúns – políticos e colabouradores – semellan ignorar:

- R. D. 556/1989, de 19 de maio, polo que se arbitran medidas mínimas sobre accesibilidade nos edificios.BOE 122, de 23-05-89
- Lei 13/1982, de 7 de abril, de Integración Social dos Minusválidos.
- Orde de 3 de marzo de 1980, sobre características de accesos, aparatos elevadores e acondicionamiento interior das viviendas de protección oficial destiñadas a minusválidos
- Lei 3/1990 de 21 de xuño, pola que se modifica a lei 49/1960, de 21 de xullo, de propiedade horizontal, para facilitar á adopción de acordos que tenñan por finalidade á axeitada habitabilidade de minusválidos no edificio da súa vivenda.
- Lei 15/1995, de 30 de maio, sobre Límites do dominio sobre inmobles para eliminar barreiras arquitectónicas ás persoas con discapacidade.
- Lei 51/2003, de 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade.

Normativa Autonómica sobre accesibilidade
Galicia:
Lei 8/1997, de 20 de agosto, de Accesibilidade e Supresión de Barreiras na Comunidade Autónoma de GaliciaDOG 166, de 29-08-97
Concrusión: Se a lexislación está para ser cumplida, que non haxa trato de favor para ninguén e os políticos que cada mes cobran das arcas municipais – o que equivale a decir, que cobran dos impostos directos e indirectos, que pagamos tódolos veciños – teñan a deferencia de facer cumplir as leises que para iso foron promulgadas. E se queren "ir de buen rollito" con algúns, que vaian, pero a custa do seu peto.

Ningún comentario:
Publicar un comentario