3 de nov. de 2009

OURENSE

COMO MELLORAR PARA SER DESTINO TURÍSTICO




A Deputación de Ourense –no seu Centro Cultural- acolle mañá mércores e o xoves, en horario de mañá e tarde, un interesante curso que se imparte por primeira vez en Ourense, a través de Turgalicia e da Secretaría de Estado de Turismo, que ten como obxectivo a formación en boas prácticas para o embelecemento de destinos turísticos.

Infogauda / Ourense
Ourense, unha das provincias con maior riqueza monumental e paisaxísticas á que se une o termalismo, constitúe un marco inmellorable para desenvolver un curso destas características, que ten a finalidade de mellorar a calidade e identidade da oferta turística que se lle ofrece ao visitante e crear oportunidades no entorno local para a mellora da competitividade socioeconómica.O curso será impartido pola experta en recursos turísticos Esther Martínez, que desenvolverá ao longo de dúas xornadas temas relacionados co espazo público: fachadas urbáns e paisaxes que conforman a escena na que se moven turistas e residente; e tamén coa capacidade de ter un perfil diferencia fronte a outros destinos turísticos, recoñecible a través dunha imaxe de marca.O manual de boas prácticas que mañá se presenta no curso recolle que máis aló de accións de escenografía e maquillaxe de solos e fachadas nas cidades, “a rehabilitación e o embelecemento están vencelladas á sostenibilidade do destino turístico. Hai que actuar nos sistemas urbáns e territoriais, na mobilidade, na proximidade dos servizos, nas infraestruturas e na creación de oportunidades locais”.Para acadar estes obxectivos, sinala o manual é necesario actuar cos axentes públicos e privados que participan nas iniciativas de rehabilitación, xa que as actuacións requiren dunha estratexia integral e multisectorial nas distintas áreas temáticas. É preciso ter “unha visión integral e, por contra, hai que evitar as visións “a curto prazo” e a falla de referencia claras (saber “onde se quere chegar), xa que iso conleva a que as actuacións se vexan limitadas e se produzan procesos non axeitados. Toda esta filosofía hai que organizala en diferentes plans, como son a realización de plans estratéxicos de dinamización turística de carácter local, plans de mancomunidades de municipios e plans turísticos de ordenación urbanísticas nas cidades. Todos eles actuarían como guía e catalizadores das accións necesarias a desenvolver polos técnicos, encamiñadas a clarificar a imaxe de marca do destino turístico, as súas singularidades, e en definitiva contribuirían a “vender mellor” a imaxe e a facilitar ao turista a súa visita, poñendo a súa disposición os recursos e servizos existentes no destino turístico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario