ANABAM LEVA A CABO O SEGUIMENTO DA AREEIRA DA ARMONA

A ORIXE DESTA ACTIVIDADE ESTÁ NO OBRIGADO DRAGADO DA CANLE DO FERRI, CONTRA O QUE NINGUÉN PROTESTA. ESTA ASOCIACIÓN FOI A ÚNICA QUE LOITOU DURANTE ANOS PARA EVITAR AS REPERCUSIÓNS. NINGUÉN NOS APOIOU.
Anabam / A Guarda
ESTA ASOCIACIÓN LAMENTA QUE O IMPACTO VISUAL E AS MOLESTIAS SEXAN O ÚNICO QUE LLES PREOCUPA AOS QUE AGORA UTILIZAN COMO ARMA AS DESCALIFICACIÓNS, O DANO A REDE NATURA E DEMÁIS IMPROPERIOS, COMO SI O DRAGADO NON ESTIVESE ANTES.
No ano 1995, o ferri -ao que, agás ANABAM, ninguén se opuxo- botaba a andar. Evidentemente, como xa o denunciara esta asociación, dende antes e despois desa data, o dragado da canle ía ser un dos problemas que habería que afrontar. Pero como sempre, os ecoloxistas somos "cavernícolas" e a poucos lles interesaba o que sucedera...ata agora. Ducias de voces, que non se preocuparon de nada, claman polo que consideran unha agresión ecolóxica. Algúns ata falan de ZEPA, de LIC, de Rede Natura, sen decatarse que este problema non xurde agora, senón que sempre estivo aí, dende que se empezaron as obras do ferri. Claro que ata hai dous anos, a area se botaba na outra marxe do río, onde os que hoxe insultan, faltan ao respecto, utilizan termos calumniosos, non lles preocupaba nin falaban de LIC, de ZEPA ou de agresión ecolóxica.
MÁIS
MÁIS
Ningún comentario:
Publicar un comentario