ANABAM SOLICITA AO SERVICIO PROVINCIAL DE COSTAS ALGUNHAS MEDIDAS PARA MINIMIZAR O IMPACTO DO DRAGADO
Dende que se iniciou o proceso de eliminar as antigas naves de Riego (Abrasivos del Miño e Terrazos Riego) na zona da Armona (Camposancos, A Guarda) en terreos pertencentes á Rede Natura, e a súa posterior utilización para depósito da area procedente do dragado da canle do ferri, esta asociación ven levando a cabo un seguimento co obxecto de que non se produzan agresións ecolóxicas que repercutan neste enclave natural. Tras comprobar as primeiras actuacións, ANABAM procedeu a enviar ao Servicio Provincial de Costas un primeiro escrito no que se expuxeron as seguintes peticións:
1º/ Que se proceda ao soterrado das tubarias que cruzan a praia e o aparcamento para minimizar o impacto visual na zona (para evitar unha mala imaxe dun espacio incluído na Rede Natura).
2º/Que a maquinaria (escavadoras, pas mecánicas...), non circulen polo areal e, en caso de ter que facelo nalgún momento, sexa por un único punto de acceso e no menor espacio de tempo e de superficie posible.
3º/ Ver a posibilidade de trasladar o depósito de area ao antigo asteleiro Joaquín Castro, hoxe en desuso, cuxa concesión, pensamos, está caducada e que, en calquera caso, xa non desenvolve a actividade para a que estaba destinado. Consideramos que este é o mellor lugar para depositar a area do dragado do ferri mentres este continúe a súa actividade e haxa necesidade de realizar o mesmo.
4º/ Que xestione diante do Ministerio de Medio Ambiente, a posibilidade de que a area extraída do dragado do ferri sexa vendida polo propio Ministerio, como saída lóxica ao depósito da mesma, e os cartos recadados sexan destinados polo citado Ministerio a adquisición de terreos e actividades de protección e conservación do litoral baixomiñoto.
5º/ Que non se volva a utilizar a area para a formación de praias artificiais na costa do Baixo Miño (como ven sucedendo estes últimos anos en diferentes puntos da costa de Oia) xa que non ten sentido a creación deste tipo de praias en zona rochosa, posto que duran o que as mareas e vexetación costeira, non indo en consonancia co espírito de protección do litoral que predica o citado Ministerio .
6º/ Que unha vez rematada a utilización que se está a facer actualmente da mencionada zona, se proceda á eliminación dos recheos que deron lugar, hai anos, ao aparcamento existente e se recupere a zona de praia e de vexetación dunar.
Posteriormente, dado que continuamos recollendo datos na zona de actuación, logo de observar que se están a producir danos na praia, debido ás descargas de auga das tuberías, así como dos arrastres de partículas procedentes da zona do aparcadoiro, que acaban por se depositar na praia, cunha fina capa de lodo, diriximos un segundo escrito no que solicitamos, entre outras peticións, que as tubarias sexan prolongadas ata a beira do río co fin de evitar a erosión do areal; tamén solicitamos a limpeza do lodo depositado na praia e que por parte da empresa se busque a forma de evitar que este lodo volva ao areal. Acompañamos con fotografías as referidas peticións.

Ningún comentario:
Publicar un comentario