31 de out. de 2009

PONTEVEDRA

O IPESPO ACORDA SACAR Á VENDA 50 PARCELAS DO POLÍGONO BARRO-MEIS POR UN PREZO DE 145 EUROS M2
As obras de e urbanización do interior parque están executadas a un 95%.
Infogauda / Pontevedra
O Consello Reitor do IPESPO (Instituto para a Promoción e o Equipamento do solo Industrial da Provincia de Pontevedra) aprobou, na sesión celebrada o pasado día 28, o expediente de enaxenación de 50 parcelas do polígono industrial de Barro-Meis que impulsa o citado organismo da Deputación. O anuncio do concurso e do extracto do prego publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia.
O prezo das parcelas foi fixado nunha contía de 145 euros (IVE incluído) o metro cadrado de xeito que a institución provincial prevé ingresar 24.326.735,43 euros no caso de vender as 50 parcelas, que teñen unha superficie total de 167.770,59 m2. Esta cantidade destinarase a facer fronte ás obras de urbanización do propio polígono industrial de Outeda-Curro, as expropiacións, proxectos, etc
Con respecto ás obras de urbanización do ámbito interior do polígono Barro-Meis (canalizacións, viais, beirarrúas, canalizacións, etc), compre destacar que xa están executadas a un 95%.
Precisamente, a Xunta de Galicia ven de autorizar o proxecto de abastecemento de auga para o polígono industrial. Esta actuación executarase no marco dun convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, o IPESPO e os concellos de Barro e Portas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario