9 de out. de 2009

OURENSE

A DEPUTACIÓN CONVOCA UN CONCURSO PÚBLICO PARA SUBVENCIÓNS A DEPORTISTAS E TÉCNICOS DEPORTIVOS
Infogauda / Ourense
A xunta de goberno da Deputación de Ourense aprobou hoxe as bases reguladoras da convocatoria de concurso público para a concesión de subvencións a deportistas cualificados e técnicos deportivos para o ano 2009.
O importe total destinado para est as subvencións ascende a 47.500 euros, e no caso dos deportistas a contía máxima para cada beneficiario será de 3.000 euros, mentres que para os técnicos deportivos a subvención será de 1.500 euros para cada beneficiario.O obxectivo destas achegas é mellorar a formación e rendemento dos deportistas cualificados, sendo requisito para optar ás subvencións estar en posesión da ficha federativa dalgún clube da provincia de Ourense, exclusivamente en modalidades deportivas individuais, durante a tempada 2008-2009. Tamén poderán ser beneficiarios aqueles deportistas vinculados ao deporte ourensán que, anque non existe clube da súa federación en Ourense, presenten licenza federativa do clube ao que pertencen; e aqueles deportistas que, aínda que non posúan licenza por clube ourensán, se considera que pola súa especial xuventude e progresión son merecedores dalgunha axuda.Os criterios para a concesión das subvencións son: ter sido beneficiario das axudas en exercicios pasados; ter participado en probas internacionais coa selección española; ter representado a Galicia en probas nacionais e internacionais; participar en campionatos nacionais absolutos ou por categorías, e outros requisitos como a progresión deportiva, a situación no “ranking”, as marcas, e posuír outros especiais méritos deportivos.Por outra banda, as subvencións para técnicos deportivos van destinadas a asistencia a xornadas de estudo, congresos e simposios ou calquera curso ou actividades formativa relacionada coas ciencias da educación física e o deporte, así como para a realización de proxectos de investigación nesta materia. Poden ser beneficiarios os técnicos deportivos (titulados en educación física, médicos especializados en materias deportivas e técnicos deportivos en xeral) que realicen o seu labor deportivo na provincia de Ourense.Neste caso, serán igualmente subvencionables aqueles proxectos de investigación que sexan beneficiosos ou se refiran a aspectos específicos do deporte ourensán, aínda que os seus beneficiarios non desenvolvan o seu traballo deportivo habitual na provincia de Ourense.As solicitudes para ambas subvencións deberán presentarse na Deputación de Ourense no prazo dun mes. Toda a información referida ás mesmas pode consultarse no Boletín Oficial da Provincia.Achegas ao Consorcio contra Incendios de Valdeorras e a UNEDAsemade, a xunta de goberno da Deputación aprobou a achega correspondente ao terceiro trimestre de 2009 para o Consorcio contra incendios e de salvamento da comarca de Valdeorras, que ascende á cantidade de 74.176 euros. Tamén se aprobou a contribución ao Consorcio do Centro Asociado da UNED en Ourense e Valdeorras, correspondente ao terceiro trimestre do ano, achega que ascende a 89.003 euros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario