24 de out. de 2009

A GUARDA

PELIGROS NO RIO MIÑO


Celso R. Fariñas
Concelleiro-Portavoz
Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL
A raíz das obras que se están levando a cabo no río Miño para a extracción de áridos e depositalos no lugar da Armona, ademais da desfeita ecolóxica que están producindo, ademais de incumplila Lei en moitos aspectos, tanto urbanísticas, medioambientais, tráfico, etc., distintos mariñeiros que faenan nesas augas, déronnos a voz de alarma sobre a situación que alí se está provocando, estamos vendo como todo sigue igual, facendo as cousas como lles peta, sin importar as consecuencias que poden ter os séus actos.
Dende o Concello ou non se enteran ou aplican a política que mellor se lles dá, mirar para outro lado, esperando que pase o temporal. O que fagan os colegas de Madrí, nin tocalos co pétalo dunha rosa.
No traballo de amarrar as tuberías para enviar area a terra, así como tamén para a maniobrabilidade das dúas barcazas portuguesas que se están usando para extraer a area, se están fondeando unha serie de mortos, especialmente no Reboullo e pola zona da Cabra, que se non se toman medidas urxentes, cecais cando se faga, pode ser tarde.
Hai que esixir de maneira inmediata, a colocación de sinalización lumínica, denantes que por descoñecemento da súa existencia ou por navegar de noite, algunha das embarcacións de pesca dos nosos mariñeiros, poida esnafrarse contra elas, e logo todo sexa lamentacións.
Solicitamos do Concello, en cumplimento da súa representación popular, que de maneira inmediata, solicite das autoridades que cumplen funcións de vixiancia no río Miño, para obriguen a quen corresponda a toma-las medidas necesarias. E ao mesmo tempo, que se dirixa ao Ministerio de Medio Ambiente, para que cumpla e faga cumplir a Lei a quenes contrata.

Ningún comentario:

Publicar un comentario