DOMINGO 25 DE OUTUBRO, IX EDICIÓN DE "OS NOSOS BURROS FARIÑEIROS E MUIÑOS"

Infogauda / Tui
O domingo día 25 de outubro, a Asociación “Muiñeiros do río Tripes”, que preside Alberto Romero Rodríguez (Romer), convoca a “IX Edición dos Nosos Fariñeiros, Burros e Muíños” programando un amplo programa de actividades nas que se inclúen unha saída popular, rutas guiadas, muiñadas, xogos populares, promoción do traxe de muiñeiro tanto nos nenos coma nos adultos (daránse agasallos ás mellores vestimentas), concurso á mellor espiga colleitada, sendo os nenos, os principais protagonistas desta IX edición.
Tódalas persoas que queiran achegarse ata o “Muíño da Ponte” para participar neste serán, poderán disfrutar dun fermoso entorno a carón do parque natural do Monte Aloia, e do sendeiro dos muiños, da degustación de papas, bica, castañada, pan de millo, pan de trigo e chourizos, rematando cunha tradicional queimada.
A Asociación Cultural “Os Muiñeiros do Tripes” tenta, paseniñamente, rehabilitar e mellorar todos aqueles elementos naturais, que xuntos uns con outros, contribúan a que esta paraxe natural sexa un atractivo turístico na zona, e para todas as persoas que queiran visitalo e disfrutar da súa beleza, do seus sendeiros e coma non, dos seus muíños.

Nota: En caso de choiva aplazarase o evento para o día 8 de novembro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario