18 de out. de 2009

GALICIA

Roberto Varela asegura que os Orzamentos servirán para reforzar o sector turístico e define o Xacobeo como “unha prioridade de Goberno”

Infogauda / Galicia
Segundo o conselleiro de Cultura e Turismo, o Xacobeo contribuirá en gran medida a que en 2010 a economía galega volva a crecer e siga converxendo en España e a UE.
Na IX edición da Feira Internacional Termatalia, Roberto Varela plasmou os seus obxectivos de desestacionalización e descentralización dun sector turístico que debe ser dinamizador económico indiscutible.
O conselleiro de Cultura e Turismo asegura que Galicia é “un referente no mundo do termalismo e no sector turístico en xeral” e anunciou unha partida da Secretaría Xeral para o Turismo de tres millóns de euros.
Ler máis

Ningún comentario:

Publicar un comentario