ONDE ESTÁ A TRANSPARENCIA DA QUE PRESUME O GRUPO DE GOBERNO DO CONCELLO DE A GUARDA?
A imaxe - cedida por La Guardia en Imágenes - amosa a nova "paisaxe" que presentan as inmediacións da Praia da Lamiña, en CamposancosInfogauda / Camposancos
En Bouza da Fonte, fronte a Praia da Lamiña (Camposancos), como xa informamos oportunamente, foi derrubada a vella fábrica de Terrazos del Miño e de Abrasivos del Miño, ambalasdúas pertencentes o Grupo Riego. A partires desa demolición, apareceron no lugar, segundo informan os colegas da web Laguardia en imágenes, as tubaxes que vemos na fotografía, cedida polo administrador desa páxina. Polo de agora, a falla de información oficial, tanto por parte do Estado, como do Concello de A Guarda e da Entidade Local Menor de Camposancos, está xerando non poucas - e xustificadas - reaccións de malestar entre a cidadanía. Ahí temos, novamente, un bó exemplo de como certas amizades pechan algunhas bocas. A credibilidade dalgúns - políticos de medio pelo e determinados colabouradores - está cada vez máis en entredito.
A qué demontres agardan os tres grupos municipais da oposición? Polo de agora, ningún portavoz dixo esta boca é miña. É iso que a zoa de actuación está incruída na Rede Natura e está considerada Lugar de Interese Comunitario (L.I.C.).
O silenzo pode interpretarse como debilidade ou - o que é peor - coma complicidade. Que cada quén tire súas própias conclusións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario