REMATA CON ÉXITO A FEIRA DE TERRACTIVA DESPOIS DE DÚAS XORNADAS DE INTENSA PROGRAMACIÓN

Infogauda / Arzúa
Terractiva, a 6ª Feira ecolóxica de Arzúa, finalizou o domingo despois de dúas xornadas de grande actividade, onde cultura e ecoloxía se deron a man, co fin de reivindicar un futuro mellor para a nosa terra, e frear a degradación que está a sufrir na actualidade por mor da contaminación.Entre as actividades que colleitaron maior éxito durante a fin de semana, cabe destacar os diferentes obradoiros que se celebraron no recinto, como a construcción de fornos solares, (unha alternativa aos métodos de consumo máis habituais), malabares, creación de monicreques ou reciclaxe. As diversas charlas realizadas no recinto, así como a proxección do documental Mashi Trasi que Trasi, de Pallasos en Rebeldía, foron outras das propostas que contaron con grande aceptación.
Os xogos de Guixot del 8, creados todos eles a partir de materiais inservibles e reciclados, foi outra das seccións estrela da feira, contando cun cheo absoluto durante todo o tempo que o recinto de arzúa permaneceu aberto, e facendo as delicias de tódolos nenos que se achegaron ata o lugar.Terractiva deu así fin a dúas intensas xornadas que terán a súa continuación o ano próximo coa que será a séptima edición da que xa é a máis importante feira ecolóxica de Galicia. Un espazo onde apostar por novas enerxías, novos alimentos e novas manerias de entender o noso entorno.
Ningún comentario:
Publicar un comentario