España / Lei de estranxeiría: O rendemento económico e un vago concepto de seguridade nacional priman sobre os dereitos humanos dos inmigrantes
Amnistía Internacional / Galicia
Perante a tramitación no Congreso da reforma da Lei de Estranxeiría, Amnistía Internacional lamenta que non se aproveite esta reforma como unha oportunidade para adecuar a lexislación española de estranxeiría ás normas internacionais de dereitos humanos.
“Toda iniciativa de reforma lexislativa debería ser plenamente coherente cos tratados internacionais de dereitos humanos asumidos por España. Porén, este Proxecto de Lei ten un enfoque máis centrado na seguridade nacional e o rendemento económico que na aproximación aos inmigrantes como persoas que tamén teñen dereitos humanos e ás que o Estado debe garantir a súa protección”, afirma Alberto Estévez, voceiro da organización en Galicia.
A organización lembra nun informe publicado hoxe titulado: “España: Análisis y Recomendaciones al proyecto de ley orgánica de reforma de la legislación de extranjería” que é perfectamente lexítimo que o Estado español articule unha política de control migratorio mais, pola contra, non o é que esta vulnere moitos dos compromisos internacionais xa adoptados en materia de dereitos humanos. “Non ter papeis é unha irregularidade de carácter administrativo que, en ningún caso, se debe antepor ás vulneracións de dereitos humanos que poidan sufrir as persoas migrantes”, asegurou Estévez.
Amnistía Internacional dirixiu este informe a todos os grupos parlamentarios no Congreso, así como ao Ministro de Traballo, Celestino Corbacho, solicitando unha reunión na que poder discutir as preocupacións e recomendacións da organización perante esta nova Lei. A organización lembra ao Goberno o seu Plan de Dereitos Humanos, aprobado en decembro de 2008, que debe plasmarse de forma efectiva en todas as súas políticas, incluídas a migratoria e a de asilo.
"Lamentamos que esta reforma, polo momento, non amose un xiro significativo no recorte en dereitos humanos das políticas de inmigración impulsadas pola Unión Europea nos últimos anos; especialmente cando España debe afrontar durante a súa próxima presidencia da UE o desenvolvemento do programa de Estocolmo, que é unha oportunidade para modificar a relación ata agora existente entre as políticas de seguridade e inmigración e asilo no ámbito europeo”, asegura Estévez.
Máis sombras que luces na Lei de Estranxeiría
Amnistía Internacional acolle con satisfacción algunhas disposicións do Proxecto de Lei:
· O recoñecemento, en cumprimento da Sentenza do Tribunal Constitucional, dos dereitos de reunión, manifestación, asociación, sindicación e folga para os inmigrantes en situación administrativa irregular.
· A incorporación dalgunhas garantías para as persoas vítimas da trata de seres humanos como o “período de reflexión”.
· O recoñecemento explícito do dereito do menor non acompañado a ser escoitado no procedemento de repatriación.
· O recoñecemento expreso, por primeira vez na lexislación de estranxeiría, do principio de non devolución (non refoulement).
Con todo, a organización lamenta que esta nova reforma non elimine obstáculos ata o de agora existentes e/ou engada outros, para garantir a protección dos dereitos humanos dos inmigrantes en situación administrativa irregular en España.
Entre os obstáculos, a organización destaca:
· Un paso atrás en materia de detención de inmigrantes irregulares.
Esta reforma segue a reflectir un achegamento ás persoas inmigrantes, moitas veces, en termos de criminalización. A privación de liberdade por sancións administrativas non responde aos principios de proporcionalidade e subsidiariedade. Deste xeito, o Proxecto de Lei debería contemplar o internamento como unha medida de último recurso, procedendo a ela só naqueles casos nos que o resto de medidas (por exemplo, a retirada de pasaporte, a residencia obrigatoria nun determinado lugar, a obriga de prestar fianza, entre outras) sexan ineficaces. A isto engádese que a presente reforma amplíe o prazo de internamento de 40 a 60 días; un prazo que se podería ampliar aínda máis cando a persoa solicita asilo ou un habeas corpus.
· Continúan as garantías insuficientes para os menores non acompañados.
Seguen sen se respectar de forma plena principios recoñecidos en normas internacionais adoptadas por España, como o principio de interese superior do menor e o principio de non devolución cando non existan garantías de que o menor, de ser devolto, poderá desenvolver unha vida digna. A organización amosa tamén a súa preocupación pola ausencia de referencia algunha á obriga da Administración de informar e facilitar ao menor tanto o seu dereito á asistencia letrada como a solicitar asilo.
· A protección dos dereitos humanos segue en segunda liña perante os casos de violencia de xénero contra as mulleres inmigrante e trata.
As mulleres inmigrantes indocumentadas seguen atopando un obstáculo legal ao esixir que, coa denuncia como vítima de violencia de xénero, se lles abra un procedemento de expulsión. Se ben o Proxecto de Lei contempla a posibilidade de suspendelo, o procedemento recollido disuade, en moitos casos, a estas mulleres de denunciar a súa situación, dificultando así que saian da espiral de violencia na que se atopan.
En canto ás vítimas da trata, o artigo que fai referencia á súa situación segue estando presidido por un enfoque que prima a seguridade e loita contra o crime organizado á protección das vítimas desta gravísima violación dos dereitos humanos. Que unha vítima de trata poida ter un permiso de residencia, segue a estar condicionado ao feito de que denuncie ou colabore, ademais aportando datos esenciais para a investigación policial.
· Os obstáculos no acceso ao dereito á educación, o dereito á saúde e o dereito á vivenda.
Amnistía Internacional quere recordar que a educación, a saúde e a vivenda son dereitos humanos recoñecidos en tratados internacionais comprometidos por España como, entre outros, o Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais. Contravindo as súas disposicións, o Proxecto de Lei mantén as limitacións de acceso no dereito á educación aos inmigrantes maiores de idade indocumentados; condiciona o dereito á saúde ao feito de estar empadroado e oficializa as limitacións no acceso ás axudas en materia de vivenda aos residentes de longa duración.
Por último, Amnistía Internacional quere sinalar que a adopción dun enfoque de dereitos humanos en iniciativas lexislativas como esta melloraría a comprensión das causas fundamentais da inmigración: os seus vínculos coa pobreza e a inseguridade, a falta de desenvolvemento económico e as crecentes desigualdades entre uns países e outros e dentro dos propios países.

Ningún comentario:
Publicar un comentario