SERAFÍN MARTÍNEZ ACEVEDO, ENTREVISTADO POR FARO DE VIGO
Serafín Martínez Acevedo co maillot branco de líder da Combinada
Infogauda / Deportes
Como xa adiantamos na nosa edición do pasado xoves, o ciclista do Rosal, Serafín Martínez Acevedo, do Xacobeo Galicia está facendo unha formidable labor na 64 edición da Vuelta Ciclista a España. A entrega do deportista rosaleiro - que continúa de líder da clasificación da Combinada - está motivando innumerables mostras de apoio dos seus veciños e persoas vencelladas a ese sacrificado deporte, e tamén, como é natural, un seguimento dos medios de comunicación social. Como mostra diso, convidamos os seguidores de Infogauda, a ler a entrevista que FARO DE VIGO, Decano da prensa española, pubrica na súa edición de hoxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario