“Berberecho II”: un filme nos ariños do Miño Xurxo González Rodríguez / A Guarda
En 2001 uns intrépidos mozos saídos de Xornalismo fixeron unha práctica de escola que se convertiu nun filme de culto chegando, incluso, a estar nominado para aos Mestre Mateo (http://flocos.tv/curta/berberecho/). A curtametraxe contaba a historia dun parroquiano que comentaba con ironía a fauna que se atopaba no Berberecho: un famoso bar de Santiago glosado, no seu momento, por Siniestro Total.
(Elipsis)
Desde aquela… pasou moito tempo e todo o equipo que participou nesa experiencia primixenia decidiu retomala no que vai ser a primeira curtametraxe con secuela do audiovisual galego. Este acto de atavismo, reencontro co inicio é como un feito subersivo dunha xeneración. A personaxe de Carlos Villa ten oito anos máis e o seu nihilismo xa non é tan frívolo e superficial. Agora o protagonista, con máis de trinta anos, ten unha visión máis áceda e caústica da vida.
Berberecho II recolle o sentimento dunha sociedade ofuscada e traumatizada. Desde o 2001 aconteceron a caída das Torres Xémeas, Guerras en Oriente Medio, vacas tolas, gripe avíar, gripe A, cataclismos naturais, fondas crises económicas… Un abismo no que o protagonista encarnado por Carlos Villa non ficará indolente e tratará de buscar unha saída ao desespero xeralizado.
J. M. Bazarra Maneiro, máis coñecido por “Sepi”, volve a coller o timón para dirixir este proxecto de Berberecho II. Tras a experiencia frustrada da realización da súa primeira longametraxe “Setembro”, volve a revolverse ao destino e demostrar el, e o seu equipo, a súa valía e profesionalidade. As feblezas do audiovisual galego non se disipan porén, cada vez máis, hai máis gañas de retomar ilusións que outros deron por perdidas.
Contacto: Xurxo González / E-mail:ghrelo@yahoo.es / tlf: 606 075 192
Ningún comentario:
Publicar un comentario