20 de maio de 2009

A GUARDA



Infogauda / A Guarda
Os concelleiros Celso Rodríguez Fariñas e Isabel Lidia González Alonso, do Grupo Municipal Terra Galega - Iniciativa Veciñal, no Concello de A Guarda, veñen de presentar no rexistro de entradas (R.E. Nº 3524, do 20.05.2009), a seguinte moción:
Distintos concellos, para non cargar nas súas contas os gastos do GRUMIR e das Agrupacións de PROTECCION CIVIL, disponen dunha Ordenanza Reguladora que contempla o cobro polos distintos servicios que se levan a cabo.
Na nosa localidade, dende fai bastante tempo, se ven falando da elaboración da mesma, pero por distintos motivos non se ten levado a cabo, cando é unha necesidade que os custos destes servicios, sexan aboados polos solicitantes, especialmente cando se realizan fora do termo municipal, o que conleva gastos de materiais e productos pagados cos presupostos municipais e adicados a cubrir servicios fora da nosa localidade.
Ademais, o Concello, está facendo labores extraordinarias que por lóxica deberían ser abonadas polas aseguradoras cando se trata da limpeza de estradas despois dún accidente.
Dende o Grupo Municipal de TERRA GALEGA-INICIATIVA VECIÑAL, consideramos que aquelas actuacións nos casos de incendios, prevención de ruinas, ou de seguridade vial, cando sexan solicitadas por autoridades ou particulares deben cubrir como mínimo os gastos dos materiais as entidades, sociedades aseguradoras, ou concello que as solicite.
Por todo elo, o Grupo Municipal de TERRA GALEGA-INICIATIVA VECIÑAL, ven a presentar para o séu debate e aprobación a seguinte MOCION:
O Concello de A Guarda, elaborará da maneira máis urxente unha Ordenanza Reguladora dos Servicios en materia de Protección Civil.
A Guarda, a 20 de maio do 2.009
Celso R. Fariñas Isabel Lidia González Alonso

Ningún comentario:

Publicar un comentario