21 de maio de 2009

DEPORTES

O Club San Xerome no Campionato de España de atletismo 2009


Na fotografía aparecen os deportistas e adestradores participantes no Campionato de España de Atletismo , minutos antes de iniciar o viaxe cara a cidade alicantina de Elche.
Xosé Carlos González Blanco / A Guarda
A competición terá lugar no Estadio Municipal Manolo Jaén de Elche (Alicante) o venres 22 e o sábado 23 de maio, organizada pola Federación española de deporte para discapacitados intelectuais (FEDDI).
Ata a cidade alicantina desplazáronse 8 deportistas e os adestradores David Parada e Mario Lomba.
Luis Antonio Sández (Tui), Javier Portela (O Rosal), Borja Cadilla (A Guarda) e José Ramón Senra (Tomiño) participarán en probas de fondo. Carmelo Cadilla (a Guarda), fará o seu debút como marchador na proba de 5.000 m. marcha. A lanzadora María García (O Rosal), xunto con Amparo Ferreira (A Guarda) e Rosalía Fonseca (A Guarda) participantes en 800 e 300 m. lisos respectivamente, completan a representación do Baixo Miño na máxima competición de atletismo para persoas con discapacidade intelectual a nivel estatal.
O Club San Xerome, agradece públicamente a colaboración prestada durante esta temporada por parte de entidades e particulares que fixeron posible a presencia dos nosos deportistas neste evento; e sobre todo o traballo realizado de xeito voluntario polos adestradores, José Antonio González Morais, David Parada Fernández , Mario Lomba e Amalio Verd.
TORNEO DE FÚTBOL 5
Informamos ademáis que o próximo martes dia 26 de maio, a partir das 4 da tarde, terá lugar nas instalacións deportivas do Centro San Xerome, un Torneo de fútbol – 5, coa participación de alumnos /as do IES A Sangriña e do noso Club deportivo. Esta actividade forma parte do programa de integración promovido dende fai anos polo Instituto guardés.

Ningún comentario:

Publicar un comentario