26 de maio de 2009

DEPORTES

VÍDEO DO C. F. SAN CAIETANO RECOLLENDO O TROFEO DE CAMPEÓNS DO TORNEO DE FÚTBOL 7

Infogauda / A Guarda

No vídeo podemos ollar o intre da entrega da Copa de Fútbol 7, que merecidamente gañou o C. F. San Caietano, equipo que ademáis, na tempada 2008-2009, procramouse Campeón de Liga e Campeón de Copa. Desde Infogauda felicitamos a tódolos xogadores, adestradores, directivos, nais e pais, porque os éxitos do equipo son froito dunha labor compartida.

Por outra banda, o pasado sábado o C.F. San Caietano celebrou súa cea de fín de tempada no Restaurante As Brasas, de San Miguel (O Rosal). A velada, que contou coa presenza de 108 persoas, serviu para facer un balanzo dos éxitos acadados na tempada e tamén para adiantar unha previsión da vindeira tempada na que o equipo participará na Escola Deportiva. Asemade, houbo unha entrega de trofeos os xogadores que por imperativos da edade deixan o equipo, e en reciprocidade, agasallos deses xogadores a seus adestradores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario