26 de maio de 2009

ÁREA SOLIDARIA



Amnistía Internacional / Madrid
O mércores 27 de maio ás 11h, Amnistía Internacional convoca aos medios de comunicación na súa sede en Madrid para o lanzamento do Informe Anual 2009. Nesta ocasión non haberá presentación pública en rolda de prensa en Galicia, pero os medios de comunicación social disporán dos materiais relativos ao tema.
O Informe Anual fai unha radiografía da situación de dereitos humanos en todo o mundo. Coincidindo con este acto, a organización presentará a súa nova campaña global: "Esixe Dignidade", que en Galicia presentaremos o 11 e 12 de xuño en sendos actos en Vigo e Santiago de Compostela.

Ningún comentario:

Publicar un comentario