18 de maio de 2009

MULLER























____________________________________________



Unha exposición fotográfica amosa as mulleres do mundo “cara a cara”


Estíbaliz Táboas / Ferrol


Esta mirada sobre os dereitos sexuais e os dereitos reprodutivos das mulleres pecha a campaña de sensibilización e educación “O meu corpo é un territorio clandestino” da ONGD Paz e Desenvolvemento.

A exposición “As mulleres do mundo Cara a Cara”, que durante o mes de maio percorrerá Mondoñedo e Ferrol, é unha mostra itinerante a través da que se pretende sensibilizar á sociedade da situación das mulleres do mundo en relación ca saúde e os dereitos sexuais e reprodutivos.

A exposición fotográfica permanecerán dende o 4 ata o 14 de maio no Centro Comarcal da Mariña Central en Mondoñedo para, a continuación, trasladarse ao Ateneo Ferrolán onde permanecerá do 16 ao 30 de maio. A exposición pode visitarse en Mondoñedo de luns a venres de 10.00 a 19.00 horas e os sábados de 10.00 a 14.00 horas. En Ferrol, o horario de visitas comprende de luns a venres de 11.30 a 13.30 e de 17.30 a 20.00 horas e os sábados, de 10.30 a 13.30 horas.

Rosa Gómez-Reino Varela, delegada en Galicia de Paz e Desenvolvemento ONGD, suliñou que «día a día millóns de mulleres de todo o mundo ven vulnerados os seus dereitos sexuais e reprodutivos máis básicos: dereito á saúde sexual e reprodutiva, ao libre disfrute da súa sexualidade… é preciso visibilizar esta problemática que vivimos como algo alleo a nós».

A delegada en Galicia de Paz e Desenvolvemento ONGD, enmarcou esta iniciativa «dentro da campaña de sensibilización O meu corpo é un territorio clandestino» que dende o mes de xaneiro está realizando outras actividades centradas nos dereitos sexuais e reprodutivos, orientadas a adolescentes e mulleres rurais, con obradoiros e exposicións didácticas nos institutos e cursos de formación para asociacións de mulleres. «Non hai que esquencer que estes dereitos son activos e é imprescindible reivindicalos»

A mostra, que conta co apoio da Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia, a colaboración da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia e o Ateneo Ferrolán, xurde como resultado do I Concurso Internacional de Fotografía sobre dereitos sexuais e reprodutivos promovido pola Federación de Planificación Familiar de España (FPFE). Na mesma móstranse imaxes da realidade que viven mulleres nos países en desenvolvemento, con especial atención á cuestión do respecto dos dereitos humanos, á súa situación socioeconómica, ao aceso á educación, á precariedade dos servizos de saúde, á maternidade e os seus riscos, ao aceso a métodos de planificación familiar e ás necesidades de millóns de nenas que actualmente conforman grande parte da población destes países.

Do 16 ao 30 de maio
No Ateneo Ferrolán
Rúa Magdalena 202-204, 1.º 15402 - Ferrol (A Coruña)
Horario: de luns a venres, de 11.30 a 13.30 h. e de 17.30 a 20.00 h / sábados, de 10.30 a 13.30 h.

ORGANIZA E XESTIONA
Paz e Desenvolvemento Galicia ONGD

FINANCIA
Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia

CEDE
Federación de Planificación Familiar de España (FPFE)

COLABORA
Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia
Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia
Ateneo Ferrolán


Ningún comentario:

Publicar un comentario