18 de maio de 2009

CINEMA

Nova curta engadida en Flocos.tv: Urxa

Flocos.tv

Estreamos nova curta en Flocos.tv: Urxa, de Carlos L. Piñeiro (1989). Podes botarlle unha ollada aquí.

SIPNOSE
Urxa conta tres momentos na vida dunha muller durante o século actual na sociedada galega. O seu rol máxico vencellado ao contorno sociocultural e á natureza, da que é preservadora e “medium”. No primeiro episodio, O medallón de Urxa, prodúcese o relevo no oficio: unha vella transmítelle o espírito e os saberes á súa sucesora adolescente, filla única dunha casa que desaparece se ela segue outros vieiros. Encádrase a acción a comezos de século e como fondo temos o valor cultural da “casa” no medio rural. O tesouro de Petro Xesto. Anos 40. O prestixio da “casa” e os seus compoñentes é aquí o motivo central. Cómplice dun indiano, de quen se conta agochou a súa fortuna nun sitio descoñecido, Urxa-Ádega salvagarda no Arcón de Petro Xesto a vida e a memoria do seu amigo da nenez. De seguido os elementos urbanos veñen a incidir na cultura máxica rural. Os que eran protagonistas no medio de seu deixan aparentemente de selo. N' O ídolo de Milder un arqueólogo provoca o desenlace dunha vella lenda narrada por Urxa. Nada troca, só que os valores e as ideas toman outras formas.
Director:
Alfredo García Pinal, Carlos L. Piñeiro
Intérpretes:
Sabela Pernas Soto, Ernesto Chao, Luma Gómez, Raquel Lagares
Duración: 79´ 03"
Ano: 1989
Ficha na web da Axencia Audiovisual Galega

Ningún comentario:

Publicar un comentario