18 de maio de 2009

OPINIÓN


Infogauda / A Guarda



MANIFESTO POLITICO "17 DE MAIO"



Somos un colectivo, entre eles, os que compoñíamos a Agrupación Local de Terra Galega de A Guarda, membros de diferentes formacións políticas e persoas independentes, que cansos de ver como Galicia segue a perder elección tras elección a oportunidade de saír do séu atraso económico por causa das loitas de poder que moitas veces responden máis a intereses persoais e partidarios que aos propios e xerais de Galicia.

A experiencia vivida logo das eleccións municipais de 27 de maio do 2007, levounos a unha perda de tempo e oportunidade de implantar o partido e, cando menos, acadar unha organización do que podería ser a estas alturas. Salientamos polo tanto, a urgencia dunha toma de decisión que solvente dunha vez por todas esas carencias e necesidade de solucións. E mellor saber cal é a nosa realidade e arrancar a partir dela. Temos dous anos por diante para recomponer o que hai nestes momentos e toda demora vai contra o proxecto que naquel ano se puxo en marcha.

Somos conscientes da situación a cal nos abocou a judicialización do partido, pero temos que coller a iniciativa dunha vez, e fixar unha decisión que cambie todo, inclusive abandoar as siglas. Temos que centrar as enerxías máis na liña de estallar o proxecto dende o comenzo, sen rémoras nin xente que soio vai traguer problemas (os truxeron) e non aportan nada positivo.

Este tempo, mostrounos que dar a conocer o noso proxecto era un bó camiño, porque alí onde chegamos, os independentes e outros colectivos cos que contactamos manifestaron o séu interese cando falábamos de aportar e traballar por Galicia.

Tal e como estamos inmersos nunha batalla sin fin de procesos xudiciais, que non levan máis que a unha perda e desgaste de enerxías e ademais ao desencanto político interno e externo, pensamos que hai que buscar unha saída coherente e con sentido común, unha solución que non dane a imaxe e traballo que levan feito homes e mulleres nos séus concellos e que se sintan avalados por unha organización seria coa que identificarse, unha persoa que sexa representativa do noso proxecto político para Galicia.

Por elo, queremos mandar este mensaxe:

Somos conscientes da dificultade que, nestes tempos, conleva a implantación dunha nova forza política, pero tamén estamos certos das necesidades do pobo galego que, dalgún xeito, quedaron expresadas nese respaldo que, co séu apoio, nos levou a ser a cuarta forza política.

Eses resultados conlevan o compromiso adquirido polos homes e mulleres que representamos ese proxecto e, dende esa responsabilidade, que asumimos no séu momento, queremos seguir a contribuir a achegar a administración aos cidadáns, dende aqueles concellos nos que obtivemos esa confianza dos galegos/as que co séu voto apoiaron o noso proxecto político.

Por elo, despois de manter distintas e diversas xuntanzas con outros colectivos e persoas independentes, vimos a presentar a seguinte PROPOSTA:

1º.- Dada a actual situación de judicialización do partido e a imposibilidade de recompoñelo, un grupo de homes e mulleres totalmente identificados co séu proxecto, acordamos a creación dún novo partido que sirva de ponte política e práctica como garantía da continuidade do mesmo.

2º.- Creación e legalización dunhas novas siglas no Rexistro de Partidos Políticos que dea cobertura a tod@s aqueles que non comparten a actual situación do partido e sirva de referente aglutinador aos distintos colectivos e persoas independentes que consideran necesaria unha nova vía política para Galicia.

3º).- Esta nova forza política deberá ser presentada públicamente na maior brevedade de tempo, para superar a actual situación legal, o cal redundaría nunha liberdade de actuación política e posibilitaría a incorporación de todas as persoas e colectivos ideológicamente afíns os nosos principios e proxecto.



A Guarda, a 17 de maio do 2.009.



Os ex-membros da Agrupación Local de Terra Galega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario