José María e Chacurro, protagonista da curtametraxe "Os señores do vento", de Xurxo González Rodríguez
Morraceira Asociación Cultural / A Guarda
E así foi como viñeron uns individuos da Televisión Galega interesados na actividade artística duns vellotes da Guarda e que un veciño gravou coa súa cámara. Aquí, con esta nova, preséntase o extracto do programa que se emitiu o pasado domingo, día 29 de marzo pola noite. Xurxo González comenta: “Con este feito demóstrase que hai que saber apreciar as cousas pequenas, que hai que interesarse polo que se fai no lugar onde vives e que, as veces, co simple respecto sobre o distinto pode suministrar unha chea de aportes: sociais, artísticos, estéticos, personais, contemplativos,… A Guarda ten que deixar de ver fora o que ten dentro dela”.
Para acceder o vídeo co extracto do programa, premer aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario