“O MEU CORPO É UN TERRITORIO CLANDESTINO” EN TRIVES
Estíbaliz Táboas / Trives
Os dereitos sexuais e os dereitos reprodutivos son os que garanten a libre decisión sobre o xeito de vivir o propio corpo nas esferas sexual e reprodutiva. Sensibilizar á sociedade galega sobre as limitacións do exercicio destes dereitos e as súas causas é o obxectivo do proxecto O meu corpo é un territorio clandestino, que ofrece un curso para mulleres do 30 de marzo ao 3 de abril no local da Federación de mulleres Anaral, no Concello da Pobra de Trives.
O curso, organizado en colaboración cas asociacións de mulleres Anel de San Xoán del Río, Arandeira de Trives e Algueirada de Manzaneda, estase impartindo en horario de catro e media a sete e media da tarde. Un grupo de vinte mulleres está participando balde desta iniciativa que trata de promover a reflexión colectiva sobre a historia e contidos dos dereitos sexuais e reprodutivos dende unha perspectiva de xénero.
Organizado por Paz e Desenvolvemento Galicia ONGD co apoio da Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia, o programa de actuacións que se contemplan no marco da proposta diríxense a incentivar a implicación e a participación das asociacións de mulleres, preferentemente rurais, así como do profesorado e do alumnado dos centros de educación secundaria de Galicia, na toma de conciencia das desigualdades existentes no mundo en materia de dereitos sexuais e dereitos reprodutivos.
Segundo afirmou a delegada de Paz e Desenvolvemento en Galicia, Rosa Gómez-Reino Varela, o traballo nesta área “é unha materia pendente no compromiso por promover a educación e a socialización de persoas autónomas, coa capacidade e información necesarias para tomar decisións referentes aos seus corpos e poder exercer o libre dereito de practicar (ou non) unha sexualidade sa, pracenteira e libre de culpa ou obrigas”.
A campaña O meu corpo é un territorio clandestino afonda na reivindicación dos dereitos sexuais e reprodutivos dende unha perspectiva de equidade de xénero. Para Gómez- Reino, as mulleres son un dos colectivos máis vulnerables “polo seu papel protagonista na reprodución e polas relacións históricas de desigualdade, exclusión e discriminación nas esferas da vida pública e privada”.
Actividades para asociacións de mulleres, IES e público en xeral
As desigualdades de xénero, a historia dos dereitos sexuais e os dereitos reprodutivos e a situación destes en Galicia hoxe en día sons contidos que abordan os catro cursos formativos que o proxecto O meu corpo é un territorio clandestino porá en marcha en colaboración con diversas asociacións de mulleres galegas.
Ademáis, un total de 20 institutos de ensino secundario das catro provincias galegas acollen as actividades da campaña entre os meses de febreiro a maio que ofrece ao alumnado un obradoiro sobre educación erótica, autoestima e afectividade e unha exposición didáctica composta por 19 fotografías e 8 paneis informativos sobre os dereitos sexuais e os dereitos reprodutivos.
Por outra parte, e como fin de campaña, dúas vilas ou cidades galegas acollerán a exposición fotográfica As mulleres do mundo cara a cara; unha mostra de 79 fotografías que nace como resultado dun concurso fotográfico internacional do mesmo nome, organizado en 1999 pola Federación Española de Planificación Familiar co obxectivo básico de difundir a difícil situación de millóns de mulleres con relación á súa saúde e aos seus dereitos sexuais e reprodutivos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario