24 de abr. de 2009

Nova curta engadida en Flocos.tv: Carcamáns

Flocos.tv

Estreamos nova curta en Flocos.tv: Carcamáns de Marcos Nine (2003). Podes botarlle unha ollada aquí.

SIPNOSE

"Carcamáns", do director Marcos Nine, tenta transmitir, coas imaxes e os testimonios dos afectados pola marea negra do Prestige, a épica e o valor que os mariñeiros da illa de Arousa demostraron nos tres días cruciales da crisis, aqueles días nos que loitaron coas suas propias mans para extraer o fuel do mar.
Director: Marcos Nime
Duración: 38´51”
Ano: 2003
IB Cinema
Ficha na web da Axencia Audiovisual Galega

Ningún comentario:

Publicar un comentario