3 de abr. de 2009

Nova curta engadida en Flocos.tv: A miña casa é un inferno

Flocos.tv
Estreamos nova curta en Flocos.tv: A miña casa é un inferno, de Diego Méndez (2007). Podes botarlle unha ollada aquí.

SIPNOSE

A miña casa é un inferno narra a historia dunhas mulleres que sobreviviron á violencia de xénero e que agora viven nunca casa de acollida para mulleres vitimas de malos tratos.Unha vida nova despois dos infernos nos que se convertiran os seus propios fogares. Carolina, Iria, Lucia e Karen relatarannos as súas experiencias dende unha casa de acollida, un lugar cuxa ubicación non pode revelar nin aos seus amigos, nin á sua familia. Un remanso de paz despois dunha experiencia traumática como victima da violencia das suas parellas no seu propio fogar.
Rafael Jurado , un xuiz do penal, achéganos a sua vision dun problema que crece alarmantemente, tanto no número de falecidas como no de persoas que o sofren. Ademais tratará de aportar algunha solución para mitigar o problema
Director: Diego Méndez
Duración: 11´ 22“
Ano: 2007
Ficha na web da Axencia Audiovisual Galega


Ningún comentario:

Publicar un comentario