3 de abr. de 2009

Nova curta engadida en Flocos.tv: O prezo da dote


Flocos.tv
Estreamos nova curta en Flocos.tv: O prezo da dote, de Chus Domínguez (2002). Podes botarlle unha ollada aquí.

SIPNOSE

As grandes pedras abrigadas polo musgo como se ao prado lle florecesen miríadas de margaridas de xeo así no bosque. Eu vivía dentro do lume, cando as luces eran vermellas e as paredes brasa de cristal. O lugar de onde procedo é un C invertido na epigrafía romana. As mulleres traballan na conserveira ou recollendo marisco. Os homes no mar ou nos asteleiros da cidade. Os problemas que cada unha das dúas partes aporta concéntranse no contorno familiar até dificultar a convivencia.
Director: Chus Domínguez
Duración: 19´ 43”
Ano: 2002
Ficha na web da Axencia Audiovisual Galega


Ningún comentario:

Publicar un comentario