24 de abr. de 2009

A GUARDA


A CONFRARÍA DE PESCADORES SANTA TECLA, SAI O PASO DALGUNHAS DECRARACIONS FEITAS "SEN NINGÚN TIPO DE ANÁLISE E REFLEXIÓN"



Infogauda / A Guarda


A Confraría de Pescadores Santa Tecla, de A Guarda, vén de facer pública unha nota de prensa que reproducimos literal e íntegramente, na que dí o seguinte:


"Despois das distintas declaración feitas o longo desta campaña por parte do Presidente da Asociación de Pescadores do Rio Miño, dende a Confraria de Pescadores “Santa Tecla” de A Guarda, queremos facer unha serie de matizacións e aclarar algunhas das cousas que se están dicindo, nalgúns casos, sen ningún tipo de análise e reflexión, que as convirte nún sin sentido.
Fai poucas datas, facíanse manifestacións os medios de comunicación nos que se expresaba que esta campaña, habia sido unha das mais ricas en capturas, e días depois, que o rio estaba esquilmado. Ou son arroutadas do momento, ou era a preparación dunha serie de argumentacións para atacar a esta Confraria.
Dende sempre, e ahí están os datos, en arquivos e prensa, existen os dereitos historicos da captura da lamprea, meixón, sable e outras especies polos pobos ribereños da Foz do Miño, dereito o que non estamos dispostos a perder, por que “alguén” queira que así aconteza, pero ademais dos dereitos consetudinarios dos pobos, aldeas e parroquias do Concello da Foz do Miño, están tamén, o dos pescadores profesionais da banda de Portugal que tamén teñen eses mesmos dereitos a pescar nas súas ribeiras.
Os Pescadores da Confraria, son traballadores profesionais da pesca, con tódala documentación en regla, tanto persoal como das súas embarcacións e cotizan o Instituto Social da Marina, e non poden perder os seus dereitos, traballan unha parte do ano nas augas do Atlántico e logo fan a campaña do río, ditos dereitos non poden ser perdidos, para ser cedidos a uns pescadores de circunstancias, que traballan a campaña do río, e logo ao longo do ano traballan en distintas actividades que cotizan ao Instituto Nacional da Seguridade Social, no réxime xeral, ou o que é o mesmo, non son mariñeiros todo o ano e o longo de toda a súa vida.
O Patrón Maior e o seu Cabido, dirixen e defenden aos seus asociados, pois para iso foron elexidos, i están orgullosos de representar a máis de 600 profesionais do mar, dun pobo como A Guarda, e cando algún se pon o marxe da Lei, a propia Confraria o fai actar as normas para que non perxudique o colectivo.
Non entendemos que se nos propoña alonxarnos das augas do treito final do río, desplazandonos augas arriba como unha solución para resolver un problema que somentes eles ven. ¿Danse conta da cantidade de embarcacións que estaríamos pescando na zona indicada por esa Asociación?, provocaríamos tal tapón cas redes, que dese xeito, non chegaría ningún peixe vivo a altura de Tui, e moito menos a Salvaterra ou Arbo, creemos que esta proposta se fixo sen pensar no dano que faría ao futuro da pesca no río Miño.
¿Porqué se silencia a proposta que dende fai anos se está plantexando de pescar en tódolos tramos do río con dous mariñeiros por embarcación? Esa, o igual que outras, como por ejemplo, aplicar no río o que se fai no mar, facer descanso dende as 00 horas do sábado ata as 12 da noite do Domingo, esas son solucións para que se reduza a cantidade de pescadores no Miño. Pero disto non se fala porque non conven..
Dende a Confraria de Pescadores “Santa Tecla”, temos moi claro, que os enfrontamentos e a falta de dialogo entre distintos colectivos, está a por en perigo a pesca no río, e pode conlevar a que a Administración tome medidas similares as que aplicou noutros rios e que ao final os perjudicados foron todos.
O Cabildo desta Confraria, sempre estivo aberto para contrastar opinións, estudar propostas e manter os diálogos que sexan precisos, pero cando somentes se poide enteirar das ideas e acordos dalgún colectivo a través dos medios de comunicación, e fácil saber quen quer protagonismo e quen está a traballar na defensa dos seus asociados e por un futuro mellor para os pescadores e para a pesca. ¡Non debemos estar facendollo tan mal, cando nas súas declaracións, o Presidente da Asociación reconoce que él tamén é asociado a Confraria.
Nos quedan moitas cousas no tinteiro, pero nos gustaría unha desposta, cando falan de prohibir a pesca no Estuario do Miño, ¿ata donde levarían eles a prohibición? ¿Será verdade que na zona do estuario somentes pescan 30 embarcacións, ou ata ahí chegan os números que coñece?
A Confraria de Pescadores “Santa Tecla”, reitera que ten as súas portas abertas, para recibir e dialogar con todos e sobre todo, pero non vai renunciar a nada porque así o pida un colectivo. Falemos e cheguemos aos entendementos que sexan necesarios por preservar a pesca cara un futuro digno para os nosos fillos".

A Guarda a 24 de Abril do 2009

Ningún comentario:

Publicar un comentario