20 de dec. de 2009

A GUARDA

ALAMEDA DE A GUARDA

CRÓNICA DUNHA MANIPULACIÓN E TERXIVERSACIÓN


Infogauda / A Guarda
A vista dalgunha “información” pubricada n´un xornal, o sábado 19 de decembro, logo da “inauguración” das obras de “rehabilitación da Alameda de A Guarda”, queda de manifesto que alguén tén unha evidente vocación de servilismo, e polo que se ve, non dubida en po-lo de manifesto, n´un propósito de tentar agradar os que ostentan o poder – municipal, neste caso concreto -, manipulando e terxiversando ás decraracións de uns adolescentes guardeses, xa que segundo puido saber este xornal dixital, o que se pubricou non se corresponde co que eles respostáronlle a “informadora” que lles solicitara súas respectivas opinións sobor do referido espazo público, no cal foron fundidos 608.143 euros do Fondo Estatal de Inversión Local.
Segundo puido saber Infogauda, os rapaces – cuios nomes e primeiro apelido de cada ún deles, se citan na devandita “información” - non dixeron "Nos gusta. Está mejor decorada", como de xeito enganoso e mesmo vulnerando presuntamente os máis elementais códigos deontolóxicos aplicables a actividade xornalística, se “informa” n´un coñecido xornal.
Diante desa presunta manipulación das decraracións feitas por alguns veciños de A Guarda, cabe preguntarse: ¿Qué se pretende agochar? ¿Tanto doe reflectir as opinións dos guardeses cándo éstas non coinciden cós desexos do Grupo Municipal de Goberno?
En base a ese criticable feito, que non dí nada en favor da profesionalidade de quén asina a “información“, tampouco semella ser veraz a frase na que se afirma “(...) Hubo una crítica, la de Carmen, que prefería "la Alameda de toda la vida" (…)”, senón que houbo outras opinións que coincidían no fondo, con esa crítica de Carmen. Ou dito doutro xeito, a “informadora” pretendeu minimizar as críticas feitas por algúns veciños, que se amosaron disconformes co resultado final das obras.
¿Porqué a “inauguración” se fixo n´un día laborable e a unha hora que limita a afluenza de público, en lugar de face-lo un sábado – por exemplo –a unha hora axeitada? A resposta téna o alcalde e seu grupo de goberno. Tan soio eles, e nada máis que eles, son os responsables de todo un cúmulo de despropósitos que pouco a pouco irán saindo a luz, e que demostrarán que as devanditas obras non foron precisamente un exemplo de transparenza, nin de boa xestión, nin de optimización dos recursos.
En base a eses feitos, desde Infogauda emprazamos a tódolos grupos municipais da oposición a que demanden canto antes, tódalas espricacións que sobor das obras de “rehabilitación” da Alameda, deben dar o alcalde e seu grupo de goberno, á cidadanía de A Guarda. E non por cuestións persoais, senón porque son moitos os veciños que veñen formulando non poucas preguntas, e que en Democracia, os políticos que ostentan o poder, teñen a obriga de dar, públicamente, con luz e taquígrafos, e a ser posible, sen que ninguén deturpe a información, acomodándoa o gusto e desexo dos que agora disfroitan dunha inmerecida maioría absoluta na Corporación Municipal de A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario