9 de out. de 2019

GALICIA

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL 

Saúde Mental FEAFES Galicia reivindica máis estratexias e políticas para a prevención do suicidio  

O 10 de outubro conmemórase o Día Mundial da Saúde Mental para dar a coñecer a realidade das persoas con enfermidade mental e trasladar aos axentes competentes as súas preocupacións, reivindicacións e necesidades.  



Ana Escrigas Rodríguez / Santiago de Compostela

 Este xoves, 10 de outubro, conmemórase o Día Mundial da Saúde Mental, celebración que conta co apoio da Organización Mundial da Saúde e a participación de numerosas persoas e entidades de Galicia e de todo o mundo. Este ano, a conmemoración xira en torno ao suicidio, considerado pola OMS un dos problemas máis graves de saúde pública e que, consecuentemente, debe ser atendido de forma prioritaria. 


 Baixo o lema “Conect@ coa vida”, queremos reivindicar unha abordaxe transversal do suicidio para mitigar os seus efectos. É preciso traballar na prevención, detección, diagnóstico, tratamento e continuidade de coidados dos problemas de saúde mental, así como na visibilización desta realidade que está tan oculta na sociedade. 

 Os datos revelan que no mundo suicídase unha persoa cada 40 segundos, e en España é a principal causa externa de mortalidade. Galicia, lamentablemente, está no máis alto da clasificación de suicidios a nivel estatal, sendo a segunda comunidade autónoma con maior taxa de incidencia, superada tan só por Asturias. Estamos a falar de arredor de 300 mortes por suicidio ao ano, converténdose este nun problema sanitario e social de significativa relevancia na nosa comunidade. 

 Non obstante, previr os suicidios é posible. Para iso, é importante falar desta realidade, desterrar os falsos mitos que existen arredor dela e eliminar o tabú para que as persoas que se atopan en risco podan buscar axuda. A prevención do suicidio comprende unha serie de actividades que van dende a educación na infancia e na mocidade ata o tratamento eficaz dos trastornos mentais, pasando por un control ambiental dos factores de risco e unha difusión apropiada da información. 

 Por iso, chamamos aos medios de comunicación a tratar dun xeito responsable a información sobre o suicidio para concienciar á poboación, promover a súa prevención e axudar a reducir a súa incidencia. Chamamos a todos os cidadáns a visibilizar esta realidade, tratala con respecto e poñerse en mans de profesionais cando sexa necesario. Chamamos ás administracións públicas a comprometerse coa problemática do suicidio e a colocala no lugar que lle corresponde dentro das axendas políticas e sanitarias. 

 O suicidio debe ser abordado dun xeito transversal, sendo necesarias políticas de prevención en materia de saúde pública dotadas dos recursos materiais, económicos e humanos necesarios. Esiximos, por tanto, que o Plan de Prevención do Suicidio de Galicia teña unha implementación real, efectiva e firme, estando á altura das necesidades que existen neste eido. 

 Dende aquí, queremos convidar á cidadanía a participar nas actividades coas que conmemoraremos o Día Mundial da Saúde Mental nas diversas localidades galegas, co ánimo de tomar conciencia sobre a necesidade de visibilizar a realidade do suicidio e traballar na súa prevención para mitigar os seus efectos e reducir a súa prevalencia. 

Saúde Mental FEAFES Galicia 

 Saúde Mental FEAFES Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro constituída en 1995. A súa misión é representar os dereitos e necesidades do movemento asociativo das persoas con enfermidade mental. De carácter social, esta entidade ten como obxectivo principal a adopción de medidas que contribúan á mellora da calidade de vida das persoas que teñen problemas de saúde mental e a dos seus familiares.  

 O ámbito de actuación de Saúde Mental FEAFES Galicia abrangue todo o territorio autonómico. Actualmente agrupa a 14 asociacións repartidas por toda a comunidade galega, posúe centros e servizos en máis de 30 localidades e conta con arredor de 7.000 socios.

GALICIA

O Sergas establece o 061 como número de referencia para a prevención do suicidio na comunidade autónoma galega  

Preséntase o programa: “Chama, fala. O 061 escoita”, con motivo da celebración mañá do Día Mundial da Saúde Mental


O director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal Viñas - no centro da imaxe -, o director da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, José Flores Arias, e a psiquiatra, xefa do Servizo de Saúde Mental e Asistencia e Drogodependencia, María Tajes Alonso, presentaron hoxe, na Consellería de Sanidade, o programa: “Chama, fala. O 061 escoita”
Foto: X.G.

Con este programa se pretende achegar á cidadanía os servizos sanitarios, favorecendo a accesibilidade  

Aumentará a coordinación entre institucións e axentes implicados, e incrementará a sensibilización e a concienciación da sociedade sobre o suicidio como unha cuestión de saúde  

Os médicos da Central de Coordinación do 061 aplicarán un procedemento de actuación baseado na detección precoz de persoas con risco de suicidio e a mobilización dos seus recursos asistenciais para tratar ao paciente no punto ou trasladalo aos centros sanitarios de referencia 

Infogauda / Santiago de Compostela

   O director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal Viñas, e o director da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, José Flores Arias, presentaron hoxe, na Consellería de Sanidade, o programa: “Chama, fala. O 061 escoita”, enmarcando dentro das medidas para a mellora da atención e a prevención da conduta suicida, recollidas dentro do Plan de Prevención do Suicidio en Galicia.  

 Esta iniciativa, que foi priorizada polo Consello Interdepartamental para a prevención do suicidio, establece o 061 como número de referencia para a atención das persoas que amosen ideación ou conduta suicida. A presentación deste programa realízase no marco da celebración, mañá, 10 de outubro, do Día Mundial da Saúde Mental, que este ano ten como tema principal a prevención do suicidio.  

 Este programa é o resultado dunha colaboración interdisciplinar entre a Consellería de Sanidade, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Atención Primaria e Atención Especializada de Saúde Mental.  

 No caso de que a persoa presente unha conduta suicida, é dicir, desenvolva comportamentos autolíticos, como intoxicacións ou lesións físicas, os facultativos da Central de Coordinación do 061 de Galicia mobilizarán o recurso máis axeitado para que se desprace ata o lugar no que se atope o paciente, poida avaliar o seu estado e realice o traslado ao centro hospitalario correspondente, no que recibirá atención especializada.  

 Naqueles casos nos que o paciente amose unha ideación suicida, os médicos da Central de Coordinación do 061 confirmarán a localización do paciente, constatarán se se atopa só ou con outras persoas e valorarán o risco de conduta suicida (grave, moderado ou leve).  

 O procedemento hoxe presentado contempla que, trala valoración dun facultativo, se o risco de suicidio estimado é baixo, e a persona conta con factores de protección, poida ser derivada directamente a través dunha vía rápida de consulta aos servizos especializados de saúde mental. 

Aumento da coordinación  

 No Día Mundial da Saúde Mental, que se celebra mañá, a través de iniciativas como esta, o Goberno galego quere transmitir que o suicidio é unha conduta que pode previrse, tal e como queda recollido nos obxectivos do Plan de prevención do suicidio de Galicia.  

 Os principais obxectivos do antedito Plan son a redución da taxa de suicidio e a diminución do sufrimento das persoas que presentan un intento de suicidio e das súas familias. Ademais, a posta en funcionamento do plan permitirá aumentar a coordinación entre institucións e axentes implicados; incrementar a sensibilización e a concienciación da sociedade sobre o suicidio como un problema de saúde; mellorar a atención ás persoas que presentan conduta suicida e aos seus familiares e, por último, fomentar a investigación e o coñecemento da conduta suicida na Comunidade galega.  

 Para levar a cabo a supervisión da execución do Plan de prevención do suicidio en Galicia e coordinar as medidas, constituíuse unha Comisión Interdepartamental, da que forman parte representantes das entidades sen ánimo de lucro que traballan no eido da saúde mental e administracións públicas con competencias en materia de educación, servizos sociais, o Instituto de Medicina Legal de Galicia, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, así como diferentes departamentos da Consellería de Sanidade.  

 O Plan de prevención do suicidio de Galicia compromete a todas as institucións públicas implicadas na abordaxe da conduta do suicidio e crea instrumentos de coordinación entre elas para mellorar a súa prevención. Así, a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 constitúese, a través do teléfono 061, como servizo encargado de coordinar o procedemento de prevención do suicidio no ámbito extrahospitalario por medio dun procedemento de actuación baseado na detección precoz daquelas persoas con risco de suicidio.

 

SOUTOMAIOR

Carmela Silva (presidenta da Deputación de Pontevdra): "Fronte á prostitución temos moi claro que a única posición ética, decente e humanamente aceptable é o abolicionismo"  

A presidenta da Deputación abriu no Castelo de Soutomaior a xornada "Mercantilización do corpo das mulleres" na que participan destacadas feministas como Rosa Cobo, Ángeles Álvarez, Silvia Pérez ou Towanda Rebels

A presidenta da Deputación de Pontevedra abriu no castelo de Soutomaior a xornada "Mercantilización do corpo das mulleres" da Escola de Igualdade María Vinyals
Foto: D. PO.

Infogauda / Soutomaior

  Cun cheo absoluto, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva Rego, abriu no castelo de Soutomaior a xornada "Mercantilización do corpo das mulleres" da Escola de Igualdade María Vinyals cun recordo ás "Trece Rosas", unha lembranza de xustiza e desagravio tal e como deixou claro a presidenta provincial. "Quero dicirlles aos que pretenden  dinamitar un sistema de igualdade que non van pasar, que non lles imos deixar pasar", reivindicou Silva, que tamén destacou que "estamos a vivir unha situación na que se estenden os discursos ultra conservadores do neoliberalismo capitalista, proteccionista, atacando ás mulleres e é preciso que teñamos a fortaleza suficiente para poder defender outro mundo que é o que queremos dende o feminismo. Estamos aquí para quedarnos e non imos dar ningún paso atrás".  

 Na apertura da xornada, na que se está a falar de prostitución, trata de persoas, pornografía o ventres de alugueiro, Carmela Silva destacou que "na Deputación de Pontevedra temos moi claro que a única posición ética, decente e humanamente aceptable fronte á prostitución é o abolicionismo e dicímolo con orgullo". Por estes motivos destacou a presidenta a importancia da xornada "Mercantilización do corpo das mulleres", na que se vai afondar no centro dende o que nace "esta violencia suprema contra as mulleres, particularmente contra as más vulnerables, as que non teñen capacidade para decidir". Neste eido, a presidenta da Deputación apelou á necesidade de "cambiar o sistema patriarcal e propoñer outras relacións humanas baseadas nos dereitos humanas. Non podemos esquecer que ás mulleres que viven as situacións nas que os seus corpos son mercantilizados néganselles os máis básicos dereitos humanos". Tamén amosou Silva o seu desexo de que da xornada "saian propostas que poidamos elevar a diferentes administracións e espazos para ser capaces de ir camiñando cara a erradicación da prostitución".  

 A xornada "Mercantilización do corpo das mulleres" está a afondar no Castelo de Soutomaior sobre o que significa a prostitución, os ventres de alugueiro, a trata ou a pornografía. "Imos falar da explotación do corpo das mulleres porque non podemos quedarnos de brazos cruzados ou seguir no tempo de silencio, queremos unha proposta diferente de sistema onde a igualdade sexa o centro de todas as cousas", asegurou a presidenta da Deputación.  "Falamos da sangue que alimenta o patriarcado, do neoliberalismo capitalista –como di Rosa Cobo- que pretende que todo sexa unha mercancía", destacou Silva, e por iso ao longo da xornada falarase de "situacións terribles de discriminación que padecemos todas as mulleres dende o noso nacemento, chegando, as máis vulnerables, ata á escravitude", afirmou a presidenta.  

 Deste xeito, durante a xornada están a participar mulleres "que teñen feito unha análise moi profunda de onde parte esta desigualdade e violencia extrema contra as mulleres como Rosa Cobo, Ángeles Álvarez, Silvia Pérez, Towanda Rebels (Teresa Lozano e Zúa Méndez)". A todas elas a presidenta lles agradeceu a súa participación, dedicando unha especial atención a Rosa Cobo, "que nos últimos tempos nos ten volto a amosar a súa valentía", e á deputada de Igualdade Isaura Abelairas, "unha muller comprometida que estruturou na Deputación un departamento de Igualdade que é xa un referente do feminismo".  

 A xornada "Mercantilización do corpo das mulleres", cun "cheo absoluto que significa que hai preocupación e ocupación na sociedade", estáse a retransmitir por streaming a través da páxina web da Deputación de Pontevedra e das redes sociais da institución provincial.

ARCOS DE VALDEVEZ

Começaram as Requalificações dos campos de Jogos do Adecas e do Távora    

A Câmara Municipal procedeu à consignação da empreitada de Requalificação do campo de Jogos do Adecas e do Campo de Jogos do Centro Cultural e Recreativo de Távora
Foto: C.M.A.V.

María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 A Câmara Municipal procedeu à consignação da empreitada de Requalificação do campo de Jogos do Adecas pelo valor de 352.514,63€ e um prazo de execução de 90 dias, e, do Campo de Jogos do Centro Cultural e Recreativo de Távora pelo valor de 197.873,40 € e um prazo de execução de 60 dias. 

 Com estas empreitadas, no valor de 550 mil euros, pretende-se dotar os campos de relvados sintéticos, para proporcionar as condições ideais à prática desportiva de futebol, garantindo o enquadramento com a envolvente em termos naturais e ambientais. 

 As soluções adotadas para os campos permitirão a prática de futebol de 11 e futebol de 7. De referir que estas Associações, que a partir de agora possuirão campos de jogos com relvado sintético, manterão parcerias com os Centros Escolares de Sabadim e de Távora, já que ao possuírem melhores condições para a prática desportiva, vão melhorar as sinergias entre as entidades, podendo os campos ser utilizados no âmbito das atividades desenvolvidas pelas escolas.

VIANA DO CASTELO

INSCRIÇÕES PASSOS DE MEMÓRIA

Trilho do Castro de Roques (PR19) 
19 de outubro 2019 
 
Inscrições abrem a 10 de outubro 



Infogauda / Viana do Castelo

 Dia 19 de outubro, realiza-se mais um percurso “Passos de Memória”, desta vez com o Trilho do Castro de Roques (PR19), localizado nas freguesias de Mujães, Vila Franca, Vila de Punhe e Subportela (concelho de Viana do Castelo) e integrado na Rede Municipal de Percursos Pedestres do Município.  

 A Rede Municipal de Percursos Pedestres de Viana do Castelo é mais do que uma ementa de trilhos de mar, rio e de montanha. Pé ante pé, leva o caminhante ao encontro de si mesmo, através da relação com a natureza e com as idiossincrasias das comunidades locais.  

 Este trilho percorre as Freguesias de Vila de Punhe, Vila Franca, Subportela e Mujães e revela a riqueza paisagística, ecológica e cultural destas freguesias. Pontos de interesse: Igrejas e Capelas, Castro de Roques e Balneário Castrejo, Boca da Serpe, Quintas e Miradouros.  

 Participação gratuita, mas sujeita a inscrição através do preenchimento de um formulário disponível em linha, a partir das 13h00 do dia 10 de outubro (quinta-feira), no link:  

http://www.cm-viana-castelo.pt/pt/passos-de-memoria-inscricao  

 Mais informação sobre a Trilho do Castro de Roques (PR19), em: 

http://www.cm-viana-castelo.pt/pt/agenda-cultural/caminhada-passos-de-memoria-2019-outubro

VIANA DO CASTELO

SARAU SOLIDÁRIO

19 de outubro 21h, 20 de outubro 15h30
Teatro Sá de Miranda


8 de out. de 2019

O BAIXO MIÑO

OS CONCELLOS DA MANCOMUNIDADE INTERMUNICIPAL DO BAIXO MIÑO SEGUEN RECLAMANDO UNHA CITA CO CONSELLEIRO DE SANIDADE 

As alcaldesas e alcaldes non entenden "como a consellería pode seguir sen responder á solicitude de reunión co conselleiro de Sanidade"

A alcaldesa do Concello do Rosal, Ánxela Fernández Callís - 1ª pola esq. - coa alcaldesa de Tomiño e os alcaldes de A Guarda e Tui, así como dous concelleiros, na reunión da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, celebrada hoxe na Casa do Concello do Rosal
Foto: C.O.R.

 Infogauda / O Baixo Miño

 A comezos do pasado mes de xullo os alcaldes e alcaldesas dos concellos do Baixo Miño - agás a alcaldesa de Oia - mantiveron unha reunión para falar da situación da sanidade pública na comarca, solicitando unha reunión co conselleiro de Sanidade. Desde entón seguen esperando unha resposta.  

 O tema que protagonizou hoxe a reunión da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, constituída polos concellos de A Guarda, Oia, O Rosal, Tui e Tomiño; foi "a situación de precarización da sanidade pública, e a preocupación existente pola falta de medios materiais e persoais". As alcaldesas e alcaldes non entenden "como a consellería pode seguir sen responder á solicitude de reunión co conselleiro de Sanidade".  

 A Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño - que representa a unha poboación de máis de 51.000 habitantes - reclama públicamente unha resposta inmediata á solicitude de cita co conselleiro de Sanidade o Sr. Vázquez Almuiña. Os representantes dos concellos do Baixo Miño relembran que "a sanidade pública é un dereito e debera ser unha prioridade por parte da Xunta de Galicia. Trátase da saúde, e en definitiva da vida das persoas".  

 Desde a Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño consideran que "é inconcibible que o conselleiro non responda á solicitude de reunión dos representantes públicos da veciñanza desta comarca".

O BAIXO MIÑO

A PLATAFORMA DE EMIGRANTES RETORNADOS DO BAIXO MIÑO CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN 

Este xoves día 10 de outubro, a partir das 11:00 h., na Praza da Inmaculada, en Tui  

Mulleres e homes do Baixo Miño, emigrantes retornados, nunha mobilización precedente
Foto: Marusía

Plataforma de Emigrantes Retornados do Baixo Miño

 Os emigrantes retornados vimos reclamando insistentemente a necesidade de realizar as modificación legais necesarias na Lei 35/2006 pola que se regula o imposto sobre a renda das persoas físicas coa finalidade de que se establezan normas claras, precisas e sobre todo xustas e igualitarias para a tributación das pensións percibidas no estranxeiro.  

 A única modificación que se introduciu foi a través da disposición adicional da Lei 26/2014 na que nun recoñecemento implícito de que a Axencia Tributaria estaba realizando unha interpretación abusiva das disposicións legais se establece o que chama “período de regularización” que na práctica implica a devolución das inxustas sancións, recargas e xuros que se lles impuxeron nos últimos exercicios e o establecemento dun período voluntario de tributación para os e as que aínda non teñan realizado a declaración  

 Porén esta disposición segue sen supor unha regulación clara e xusta da tributación para os e as emigrantes retornadas. Non ten en conta o contido dos distintos tratados bilaterais e tampouco establece mecanismos para o tratamento xusto das pensións de invalidez, entre outras consideracións.  

 Somos moitos miles as persoas que estamos sendo sometidas a este sufrimento por parte da facenda pública española. Un sufrimento inxusto de persoas que o único que queremos é vivir tranquilas a nosa vellez logo de ter traballado toda a vida na emigración.   

 Así pois, fartos de mobilizarnos, de andar por prazas e rúas para que nos recoñezan os nosos dereitos. Fartos pero non cansos, novamentente realizaremos, o vindeiro xoves dia 10 de outubro, unha concentración na praza da Inmaculada en Tui, a partir das 11:00 horas, para esixir, unha vez máis, que se adopten as seguintes medidas:   

1. A modificar á maior brevidade posíbel a Lei 35/2006, garantíndolles unha tributación xusta e igualitaria ás pensións percibidas no estranxeiro e idéntica a do resto dos e das pensionistas, evitando a discriminación que supón o feito de ter dous pagadores e evitando os prexuízos da dupla imposición. Establecendo un sistema claro e sinxelo e garantindo non se aplique con carácter retroactivo.  

2. En tanto non se produza esa modificación legal, a paralizar de xeito total e inmediato a aplicación aos e ás emigrantes retornadas das disposicións contidas na Lei 35/2006, eximíndoos da tributación en tanto non se modifique dita lei no sentido exposto no punto anterior, para frear e reconducir a grave situación económica e moral a que están sometidos inxustamente polo fisco, máis de 250.000 traballadores galegos, emigrantes retornado@s, xubilados e pensionistas".  

3. A axilizar a devolución de oficio de todos os cobros indebidos realizados até este momento a todos e todas as emigrantes retornados e singularmente a todas aquelas persoas que percibiron pensións procedentes de Alemaña, que con anterioridade ao ano 2013 estaban exentas de tributación no Estado español segundo o artigo 19 do convenio hispano-alemán tal como acreditan numerosas sentenzas xudiciais.  

4. O mesmo en relación coas persoas que acrediten ter un declaración de incapacidade equiparábel á absoluta ou gran invalidez, exentas segundo o disposto no artigo 7 da Lei 35/2006, establecendo para tal acreditación un método áxil e eficaz. Que se resolvan, de inmediato, as centos de peticións presentadas nas oficinas da Axencia Tributaria en Galiza por emigrantes retornados nas que solicitan que se proceda a reclamar do Instituto Nacional da Seguridade Social a realización do correspondente informe pericial sobre a correspondencia en grado da incapacidade laboral recoñecida ao interesado no país no que estivo emigrado.    

 Ao remate da concentración, prevista para ás 12:00, a plataforma terá unha asemblea informativa aberta na Sala Xacobeo da Área Panorámica de Tui.

(R.)

SOUTOMAIOR

Preto de 200 persoas reflexionarán este mércores sobre a mercantilización do corpo das mulleres no castelo de Soutomaior  

A xornada enmárcase na programación da Escola de Igualdade María Vinyals da Deputación de Pontevedra na que participarán xunto á presidenta Carmela Silva, Rosa Cobo, Ángeles Álvarez, Silvia Pérez, Towanda Rebels e xornalistas da provincia



Infogauda / Soutomaior

  Este mércores, ás 9.45 horas, arranca unha nova xornada da Escola de Igualdade María Vinayls na que se afondará sobre a Mercantilización do Corpo das Mulleres. Deste xeito, durante todo o día o castelo de Soutomaior concentrará a mulleres da talla de Rosa Cobo, Ángeles Álvarez, Silvia Pérez ou Teresa Lozano e Zua Méndez (máis coñecidas como Towanda Rebels), que xunto á presidenta da Deputación, Carmela Silva, e a xornalistas da provincia, reflexionarán con preto de 200 persoas sobre pornografía, prostitución, ventres de alugueiro, trata e violencia sexual.  

 A xornada dará comezo coa apertura a cargo da presidenta provincial, Carmela Silva. Quince minutos despois terá lugar a conferencia "Pornografía, prostitución: violencia contra as mulleres" a cargo de Rosa Cobo, que será presentada por Natalia Puga, de PontevedraViva e El Mundo. Cobo, doutora en Ciencias Políticas e Socioloxía e profesora da Universidade da Coruña, analizará as relacións entre o modelo de sexualidade imposto ás mulleres, o capitalismo global, a pornografía, a prostitución, e a alianza entre capitalismo global e prostitución, indicando como as políticas neoliberais produciron un incremento da industria do sexo.  

 Ás 12.30 horas, Ángeles Álvarez, presentada pola xornalista Salomé Soutelo do Faro de Vigo, afondará na "Mercantilización reprodutiva do corpo das mulleres". Álvarez, portavoz da Red Estatal Contra el Alquiler de Vientres (RECAV), centrará a súa intervención nos ventres de alugueiro e fará un percorrido polo significado que a maternidade ten nas sociedades androcéntricas. A continuación, Silvia Pérez, presentada pola xornalista Sandra Penelas do Faro de Vigo, falará sobre a realidade da acción contra a trata. Pérez, doutora en Socioloxía e profesora da Universidade de Vigo, afondará sobre a trata sexual e a resposta institucional desde a diversidade dos axentes implicados na súa persecución, atención e sensibilización.  

 Xa pola tarde (16.00 horas), Teresa Lozano e Zua Méndez, Towanda Rebels, falarán do "Porno e violencia sexual", tras ser presentadas pola xornalista do Diario de Pontevedra Sara Vila. Towanda Rebels, plataforma de comunicación e expresión feminista, centraranse na normalización da cultura da violación, da man dunha potente industria pornográfica que diariamente atrae a milleiros de nenas e nenos e de adolescentes en todo o mundo, un dos grandes paradigmas do patriarcado.  

 Ás 18.00 horas terá lugar a clausura, na que a xornalista de La Voz de Galicia, Maruxa Alfonso, procederá á lectura das principais conclusións da xornada da Escola de Igualdade María Vinayls da Deputación de Pontevedra.  

 Mercantilización do Corpo das Mulleres, ao igual que as anteriores xornadas formativas da escola, ten por obxectivo crear un espazo de encontro e intercambio de experiencias. Deste xeito, as preto de 200 persoas participantes poderán compartir este mércores no castelo de Soutomaior os seus coñecementos sobre as diversas formas que adopta a mercantilización do corpo das mulleres e os factores que favorecen a súa normalización e validación.

VIANA DO CASTELO

Orquestra Jazz de Espinho 

No Teatro Municipal Sá de Miranda a 31 de Outubro, 21H30 

CULTURA

A Xunta de Galicia exhibirá a 'Santa' de Asorey, unha das obras máis relevantes da arte galega que leva preto de 70 anos no Uruguai  

Poderase ver en ‘Galicia, un relato no mundo’, a primeira gran exposición internacional do Xacobeo 21 que se inaugurará no Gaiás o 14 de novembro

É unha das pezas máis destacadas do escultor cambadés, que xerou controversia no seu tempo por rachar os códigos estéticos vixentes da representación feminina  

Comisariada por Manuel Gago, a mostra reunirá máis 300 pezas de gran valor simbólico para a cultura e a identidade galega, moitas das cales están custodiadas en prestixiosas institucións de todo o mundo e viaxarán por vez primeira a Galicia 

'Santa' de Asorey
Fotos: X.G.


Infogauda / Santiago de Compostela

    A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Turismo, vén de pechar un acordo coa Casa de Galicia en Montevideo para exhibir a Santa, escultura en madeira policromada de Francisco Asorey. Trátase dunha das pezas máis destacadas do traballo do escultor cambadés, e tamén dunha das obras de arte galegas máis significativas e controvertidas do século pasado, polo potente e provocador simbolismo co que representou a muller galega, rachando cos códigos estéticos vixentes naquel tempo.  

 Considerada polo propio escultor como a obra da que estaba máis satisfeito, esta peza levaba fóra de Galicia desde 1951, cando foi enviada ao Uruguai. Volverá pois por vez primeira a España en case setenta anos para ser exhibida na mostra Galicia, un relato no mundo, a primeira das grandes exposicións internacionais do Goberno galego con motivo do Xacobeo 2021, que se inaugurará no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura o vindeiro 14 de novembro. 

Controversia arredor desta obra mestra  

 A Santa de Asorey representa unha labrega galega cun corpo espido marcado polo duro traballo –nunha representación moi afastada da figura feminina idealizada que predominaba na arte de principios do século XX– portando ademais un xugo de vacas, o que potencia a mensaxe de traballo e sometemento.  

 Foi presentada en 1926 na Exposición Nacional de Bellas Artes en Madrid, onde Asorey levaría a primeira medalla da exposición con outra obra, San Francisco. A Santa, pola súa banda, provocou gran sorpresa e un amplo debate na prensa, dando lugar a discusións –que mesmo chegaron ás portadas de xornais como o ABC¬– arredor da representación do corpo da muller e tamén ao fío da lectura política da obra, que se asociou aos esforzos da muller labrega galega, pero que tamén se entendeu como un símbolo da situación da Galicia da época.  

 A obra sería cualificada na prensa da época como “dun realismo cru, brutal”; “dunha orixinalidade, atrevemento e beleza que só un artista de excepcionais facultades pode concibir e executar”, ou “a obra máis orixinal, máis dotada de virtualidade estética e de resistente valía que hai na Exposición Nacional”. No outro extremo, o mesmo Valle Inclán, nunha entrevista na Revista de Arte Gallego en 1930, descualificaría a obra tachándoa de “grotesca”. Anos despois, nunha entrevista á prensa en 1956, Francisco Asorey consideraría esta escultura como a obra da que se atopaba “máis satisfeito”.  

 A Santa foi adquirida pola Casa de Galicia de Montevideo (Uruguai) e partiu de Vigo para América en 1951. “Trátase dunha testemuña imprescindible do valioso e amplo patrimonio cultural galego do século XX preservado nos centros e sociedades galegas de América, e unha mostra do interese da diáspora pola cultura de Galicia”, explica o xornalista e divulgador Manuel Gago Mariño, comisario de Galicia, un relato no mundo, que conta tamén coa historiadora Pilar Cagiao Vila como asesora especial para a Emigración. 

Testemuños da Galicia da emigración americana  

 Con motivo desta exposición, cruzarán tamén o Atlántico e poderanse ver por primeira vez en Galicia dúas pezas moi vencelladas ao nacemento das comunidades galegas en América, que serán fundamentais na conformación da identidade da Galicia contemporánea.  

 Por unha banda, formará parte da mostra a bandeira sinxela do Tercio de Galegos de Buenos Aires, de principios do século XIX. Esta peza está vinculada ao nacemento da unidade de infantería formada por seiscentos voluntarios galegos que se distinguiu na resistencia da cidade de Buenos Aires durante a invasión inglesa de 1807: o Tercio de Galegos formado e dirixido polo enxeñeiro de Campo Lameiro, Pedro Antonio Cerviño. A bandeira –que representa o escudo de Galicia bordado en fíos de ouro e prata por unha cara e da cidade de Buenos Aires pola outra– está vinculada directamente aos acontecementos que desencadearán posteriormente a formación da República Arxentina e supón unha das primeiras testemuñas materiais da unión dos galegos en América. Hoxe consérvase no Museo Marítimo Ingeniero Cerviño da Escola Nacional de Náutica Manuel Belgrano, en Buenos Aires.  

 Por outra banda, en Galicia, un relato no mundo exhibirase tamén a talla do Santiago Matamouros da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia, da Habana. Esta pequena escultura policromada é unha figura simbólica da formación da primeira agrupación galega en Cuba e un exemplo da presenza do Apóstolo Santiago como símbolo dos galegos en América desde a época colonial. A entidade foi constituída en 1871 como unha sociedade asistencial –destinada a socorrer aos emigrantes galegos na súa vida e a súa morte– e antecedeu no tempo á creación do Centro Galego de La Habana. A sociedade existe aínda hoxe, prestando para a exposición esta imaxe relixiosa do seu Santiago Matamouros, que presidiu a entidade e saía en procesión polas rúas da Habana todos os anos ata a revolución cubana de 1959. 

A presenza de Galicia na América colonial 
Retrato ecuestre de Pedro Antonio Fernández de Castro, X Conde de Lemos

 Entre as máis de 300 pezas exhibidas en Galicia, un relato no mundo destaca tamén unha obra de gran formato e moi pouco coñecida: o retrato ecuestre de Pedro Antonio Fernández de Castro, X Conde de Lemos, que foi vicerrei do Perú entre 1667 e 1672. O cadro vincúlase coa participación da alta aristocracia galega no goberno da América colonial e atópase actualmente no Museo de Arte Español Enrique Larreta (Buenos Aires).  

 Trátase dunha representación única dun aristócrata galego do século XVII, debida ao seu cargo como vicerrei. As pinturas ecuestres no Barroco estaban reservadas á monarquía ou a figuras de enorme poder político, como os validos. Estes cadros formaban parte do aparato da propaganda da monarquía hispánica nas colonias, e reproducían os modos, protocolos e formas de representación dos propios reis en Europa. 

Outras pezas destacadas  

 Galicia, un relato no mundo reunirá na Cidade da Cultura numerosas obras senlleiras sobre os mitos, a historia e a memoria da identidade galega ao longo do tempo e do mundo. Algunhas destas obras serán prestadas por entidades da categoría do Trinity College de Dublín, a Biblioteca Apostólica Vaticana ou a Cambridge University-Parker Library, entre outras 80 institucións culturais e coleccións privadas, tanto de Europa e América como por suposto do resto de España e de Galicia.  

 Así, nesta mostra impulsada pola Xunta poderán verse por vez primeira en Galicia pezas como o Libro das Invasións, –onde se atopa a primeira mención coñecida a Breogán–, o Mapa de Sawley –considerado un dos primeiros mapa mundi enciclopédicos europeos, no que se representa a Catedral de Santiago como o edificio máis importante de Europa–, o Codex Aretinus de Arezzo –que contén o Itinerario de Exeria, o libro de viaxes desta aristócrata galaicorromana que foi a primeira escritora coñecida da Península Ibérica–, o Cancioneiro da Vaticana ou dous Liber Sancti Iacobi –procedentes da Biblioteca Vaticana e da Universidade de Salamanca–.  

 A exposición, organizada pola Consellería de Cultura e Turismo e que se poderá visitar de balde no Museo Centro Gaiás ata o 12 de abril de 2020, conta coa colaboración do Consello da Cultura Galega e da Secretaría Xeral da Emigración.

TOMIÑO / VILA NOVA DE CERVEIRA

Tomiño e Cerveira acollen a visita dun experto da Comisión Europea para traballar na mobilidade transfronteiriza de menores 

No marco do programa europeo B-Solutions, impulsado pola Eurocidade Cerveira-Tomiño e pola AECT da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal para facilitar os intercambios culturais, deportivos e educativos entre escolares
  
O proxecto encádrase no Programa B- Solutions, un programa xestionado pola Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas
Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño / Vila Nova de Cerveira

 Tomiño e Vila Nova de Cerveira acollen esta semana a visita de José Manuel Sobrino, experto designado pola Comisión Europea e a Asociación de Rexións Fronteirizas de Europa (ARFE) para analizar e estudar os problemas de mobilidade de menores de idade entre ambos municipios fronteirizos, no marco do programa europeo B-Solutions. Sobrino é Catedrático de Dereito Internacional Público na Universidade da Coruña, especializado en Dereito Comunitario e en Organizacións Internacionais e Experto da Comisión Europea para diversos programas europeos.  

 O obxectivo desta visita é atopar vías para simplificar a mobilidade dos menores que, no ámbito de actividades escolares (excursións, visitas…) ou extraescolares (música, deporte, idiomas, etc.), precisan cruzar a fronteira unhas horas sen a presenza dos seus pais ou titores legais. Actualmente resulta obrigada, e por veces economicamente gravosa, a cumprimentación de autorizacións específicas por parte dos proxenitores para a saída ao estranxeiro de menores, o que dificulta os intercambios nos territorios mais próximos á fronteira. Tras a visita Sobrino realizará un informe para a Comisión Europea detallando unha descrición clara do obstáculo legal, unha indicación das disposicións legais que causan o obstáculo e unha folla de ruta cara á posible solución coas entidades que participarán nela. 

Tres días de visita  

 A visita desenvolverase os días 8, 9 e 10 de outubro, tres días nos que se desenvolverán varias reunións de traballo nas que participarán todas as entidades e axentes involucrados nesta problemática. Esta visita arrancou cunha primeira xornada de traballo na que AECT, representantes institucionais dos concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira e as valedoras da cidadanía transfronteiriza da Eurocidade Cerveira-Tomiño exporán a situación actual e o problema ante o que se atopan actualmente os escolares dos dous municipios. Foi precisamente un informe das valedoras sobre a mobilidade dos menores o que recomendou “estudar medidas excepcionais que adapten os requisitos de autorización sobre mobilidade transfronteiriza”.  

 A segunda xornada de traballo acollerá un dos aspectos máis destacados nesta visita, as experiencias vividas. Así, este segundo día centros educativos de ambos concellos, asociacións de pais e nais e outras eurocidades da zona, como Tui-Valença do Minho e Salvaterra de Miño-Monçao, relatarán de primeira man as súas propias experiencias. Durante esta xornada tamén se reunirán representantes da Garda Civil, da Garda Nacional Republicana e o Centro de Cooperación Policial e Aduaneira de Tui-Valença do Minho (CCPA), así como notarios e solicitadores lusos, para poñer ao día ao experto sobre a tramitación actual.  

 O último día centrarase na colaboración institucional, coa participación de representantes da Xunta de Galicia, a CCDR- N, a Subdelegación do Goberno en Pontevedra, a Direção Regional de Educação do Norte de Portugal ou a Direção Regional do Norte de Portugal – Serviço de Estrangeiros e Fronteiras.  

 O proxecto encádrase no Programa B- Solutions, un programa xestionado pola Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas, co que a Comisión Europea pretende identificar e promover a resolución de obstáculos fronteirizos de carácter xurídico e/ou administrativo, ao longo das fronteiras internas da UE.

LABORAL

A CIG gaña as eleccións sindicais no Grupo Marsan de Vigo con maioría absoluta 

Logrou 3 dos 5 representantes do comité e obtivo a práctica totalidade dos votos do persoal de fábrica



Infogauda / Vigo

  A CIG-Industria fíxose coa maioría absoluta nas eleccións sindicais que se veñen de celebrar no Grupo Marsan, compañía do sector do automóbil con sede no parque tecnolóxico de Valadares, en Vigo. A candidatura da central tivo o apoio da práctica totalidade do persoal de fábrica, o que lle permite contar con 3 dos 5 representantes dun comité de empresa que pasará a presidir tras desbancar a UGT.  

 A CIG sumou un total de 46 votos no colexio de especialistas (3 delegados/as), mentres que a UGT logrou unicamente 4 apoios dun censo de 54 persoas. Con todo, o sindicato estatal contará con 2 representantes no comité grazas aos 15 votos obtidos no colexio de técnicos/as e administrativos/as, onde a CIG non presentou a candidatura. Neste colexio, no que podían votar 33 persoas, rexistráronse 9 votos en branco. Deste xeito, a central pasará a presidir o comité de empresa tras superar á UGT, que no anterior proceso lograra 3 delegados/as. 

 Dende a sección sindical da CIG no Grupo Marsan agradecen a confianza amosada polo cadro de persoal na súa candidatura e adiantan que seguirán a loitar na defensa dos dereitos laborais e pola mellora das condicións de traballo do conxunto dos traballadores/as da empresa.  

 Pola súa banda, dende a CIG-Industria sosteñen que este resultado electoral vén a avalar o intenso traballo desenvolvido ao longo destes anos polos representantes da central na empresa, logrando melloras tanto nas condicións de traballo e nos salarios como en materia de saúde e prevención de riscos laborais.  

 Neste senso, salientan que os compañeiros/as da CIG levaron o peso das loitas coas que conseguiron unha nova paga extra, un incremento salarial por enriba do convenio da industria química e máis días de descanso, para o que tiveron que convocar folga en dúas ocasións. Porén, dende a sección sindical da CIG en Marsan queren deixar moi claro que ningún destes avances laborais sería posíbel sen a unidade e o compromiso amosado polo conxunto do cadro de persoal.

CULTURA

Presentación de la RED DE CINE DOMÉSTICO en la Filmoteca Española 

El Cine Doméstico será el protagonista de una sesión incluida en los actos de celebración del Mes del Archivo

El acto tendrá lugar en Madrid el martes 22 de octubre, a las 20:00h, en la Sala 1 del Cine Doré



 Infogauda / Madrid

 La Asociación RED DE CINE DOMÉSTICO ha sido invitada por la Filmoteca Española para mostrar su trabajo colaborativo; un rizoma de miradas sobre modos de actuación frente el archivo que coinciden en la pasión por el cine familiar y un ejercicio de buenas prácticas para que esos valiosos documentos audiovisuales no se pierdan. 

 Incluida en los actos de celebración del Mes del Archivo, la RED DE CINE DOMÉSTICO ha preparado una sesión abierta en la que se explicarán los objetivos de la asociación, se harán breves presentaciones de los proyectos que la componen, se mostrará su archivo en línea (www.lareddelcinedomestico.com) y se complementará con diversas proyecciones de películas recuperadas que ilustran parte del trabajo de los distintos socios de la RED. 

 En la sesión estarán presentes diversos representantes de las distintas asociaciones que componen la RED DE CINE DOMÉSTICO y se anima a asistir a todas las personas, asociaciones, colectivos e instituciones interesadas en el Cine Doméstico. 

 El acto tendrá lugar en Madrid el martes 22 de octubre, a las 20:00h, en la Sala1 del Cine Doré.

Sobre la Asociación RED DE CINE DOMÉSTICO 

 La web lareddelcinedomestico.com, es fruto del trabajo realizado durante los últimos cinco años por los miembros de la RED DE CINE DOMÉSTICO, una asociación cultural de ámbito estatal que nace con la voluntad de generar interés del público y las instituciones por este tipo de cine históricamente marginado. 

 Los orígenes de la asociación se remontan al I Encuentro para la Creación de un Archivo Común de Cine Doméstico, celebrado en el CENDEAC de Murcia en julio de 2013, a los que siguieron los organizados en Coruña por la (S8) Mostra de Cinema Periférico en junio de 2014, en Cáceres por la Filmoteca de Extremadura en mayo de 2015 y en Puerto de la Cruz por la Filmoteca Canaria en octubre de 2017. 

 La web www.lareddelcinedomestico.com, es la primera plataforma dedicada exclusivamente a difundir y poner en valor las filmaciones domésticas en sus distintos soportes audiovisuales (Super 8, 16mm, vídeo analógico…). 

 En este archivo en línea, cuyo contenido crece cada día, se encuentran publicadas actualmente más de 400 películas de particulares y ha sido recientemente incorporado al AEMA (Archivo Español de Medía Art). Los usuarios de la web pueden añadir sus colecciones familiares, visionar y disfrutar las películas publicadas, compartirlas o solicitar su uso para la realización nuevas creaciones audiovisuales. 

 Actualmente, los proyectos que forman parte de la RED DE CINE DOMÉSTICO son: Minichaplin - Cultura y Ocio creativo y #proyectomivida - Filmoteca de Andalucía (Andalucía), Filmoteca Canaria (Canarias), Guadalajara: Objetivo tus recuerdos y La Cosechadora (Castilla-La Mancha), Home Movie Day Salamanca (Castilla y León), Unitat d´Investigación del Cinema de la URV y Cinema-Rescat (Cataluña), Imágenes por Rescatar-Filmoteca Valenciana (Comunidad Valenciana), LA MIRADA DE LOS EXTREMEÑOS - Filmoteca de Extremadura (Extremadura), Proxecto Socheo, La Cinematográfica y O Faiado da Memoria (Galicia), Rollos de Familia (País Vasco) y Memorias Celuloides (Región de Murcia).

DESPORTOS

Sistelo Extreme Marathon  




 María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 Dia 20 de Outubro Arcos de Valdevez recebe novamente "Uma Maravilha de Prova"! Este é o slogan da Sistelo Extreme Marathon®, uma prova única que combina percursos em ecovia, em estradas de montanha e, numa pequeníssima percentagem, percurso em trilho. Ao longo do percurso os participantes poderão maravilhar-se e apreciar a paisagem verde e luxuriante da região, de frescura abundante e banhada pelo encanto do Rio Vez, terminando na magnífica aldeia de Sistelo - o “Pequeno Tibete Português” - recentemente classificada como uma das “7 Maravilhas de Portugal”, tendo vencido na categoria de Aldeia Rural. Sistelo foi também reconhecida pelo Governo Português como monumento nacional, o que a torna na primeira do país a deter este reconhecimento. 

 Todo o percurso se desenrolará dentro do Município de Arcos de Valdevez, um dos 5 que integra a área do único Parque Nacional do país – o Parque Nacional Peneda-Gerês, classificado como Reserva Mundial da Biosfera pela UNESCO em 2009. 

 O evento compreenderá várias distâncias para todos os gostos e capacidades: a Maratona 42kms, 32kms, 21kms, 13kms e ainda uma caminhada solidária de 7kms a reverter para os bombeiros Voluntários de Arcos de Valdevez. A prova é organizada pela Carlos Sá Nature Events, com o apoio da Câmara Municipal de Arcos de Valdevez e da Junta de Freguesia de Sistelo.  

 Mais informações e inscrições em www.carlossanatureevents.com

ARCOS DE VALDEVEZ

Ampliação da rede de Água em Padroso – Arcos de Valdevez



María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 A ampliação do abastecimento de água continua a ser umas das grandes prioridades da Câmara Municipal arcuense que consignou, esta segunda feira, a obra de “Expansão da rede de Abastecimento de Água a Padroso (Zona Alta)”, pelo valor de 55 244,74€. 

 Com o projeto pretende-se a expansão da rede de distribuição à zona Alta de Padroso, a partir do reservatório R14, onde a conduta e grupo de elevação se encontram em espera. 

 A ampliação prevê a instalação de cerca de 1.7km de condutas, dos quais cerca de 500m são instaladas em estrada nacional, com acessórios em ferro fundido. Estes investimentos continuam a ser feitos tendo em conta as necessidades e bem-estar das populações arcuenses.

GALICIA

A XUNTA DE GALICIA INDICA COMO DEBE FACERSE O ENVÍO TELEMÁTICO DE DOCUMENTACIÓN


Infogauda / Galicia

 A Xunta de Galicia, por medio da Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza,  ven de facer pública á seguinte información:

 Nestes momentos a maior parte dos concellos de Galicia dispoñen da aplicación do Sistema de Integración de Rexistros (SIR), que permite o envío telemático de documentación, escritos ou solicitudes, dende o rexistro de calquera concello a calquera administración (central, autonómica ou local), cumprindo co que establece o artigo 16 da Lei 39, de 1 de outubro de 2015, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. 

 Este importante avance, que en moitos concellos estáse a facer correctamente, vese nalgúns casos, mal interpretado, en especial coa aplicación Xestiona, e envíos que teñen que vir polo rexistro (de rexistro a rexistro) fano en forma de notificación, como si fora a un particular, considerando, neste caso a Administración autonómica, como un administrado. 

 Esta fórmula non é a adecuada e pode provocar problemas grandes para o propio concello e para os particulares que son parte deses envíos. Como o enviado non é unha notificación como tal, pasa desapercibida, no se pode acceder a ela e, polo tanto, no chega ao seu destino. 

 Afortunadamente cada vez hai menos concellos que actúan desta forma, pero hai casos nos que o propio concello envía documentos correctamente a través do Rexistro, pero tamén algún departamento o fai a en forma de notificación, sinal de que hai algún funcionario non coñece totalmente o funcionamento da aplicación. 

 Solicitamos, polo ben de todas as partes implicadas, que os envíos de documentación se fagan, como sempre se fixeron e establece a Lei 39 antes citada, a través do rexistro e para o rexistro. 

 Agradezo o interese por solucionar de forma definitiva este problema. 

 Santiago de Composte a 7 de outubro de 2019 

O Subdirector Xeral de atención á cidadanía e en materia de rexistro.