A XUNTA DE GALICIA INDICA COMO DEBE FACERSE O ENVÍO TELEMÁTICO DE DOCUMENTACIÓN
Infogauda / Galicia
A Xunta de Galicia, por medio da Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, ven de facer pública á seguinte información:
Nestes momentos a maior parte dos concellos de Galicia dispoñen da aplicación do Sistema de Integración de Rexistros (SIR), que permite o envío telemático de documentación, escritos ou solicitudes, dende o rexistro de calquera concello a calquera administración (central, autonómica ou local), cumprindo co que establece o artigo 16 da Lei 39, de 1 de outubro de 2015, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Este importante avance, que en moitos concellos estáse a facer correctamente, vese nalgúns casos, mal interpretado, en especial coa aplicación Xestiona, e envíos que teñen que vir polo rexistro (de rexistro a rexistro) fano en forma de notificación, como si fora a un particular, considerando, neste caso a Administración autonómica, como un administrado.
Esta fórmula non é a adecuada e pode provocar problemas grandes para o propio concello e para os particulares que son parte deses envíos. Como o enviado non é unha notificación como tal, pasa desapercibida, no se pode acceder a ela e, polo tanto, no chega ao seu destino.
Afortunadamente cada vez hai menos concellos que actúan desta forma, pero hai casos nos que o propio concello envía documentos correctamente a través do Rexistro, pero tamén algún departamento o fai a en forma de notificación, sinal de que hai algún funcionario non coñece totalmente o funcionamento da aplicación.
Solicitamos, polo ben de todas as partes implicadas, que os envíos de documentación se fagan, como sempre se fixeron e establece a Lei 39 antes citada, a través do rexistro e para o rexistro.
Agradezo o interese por solucionar de forma definitiva este problema.
Santiago de Composte a 7 de outubro de 2019
O Subdirector Xeral de atención á cidadanía e en materia de rexistro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario