21 de xuño de 2011

OURENSE

NOVA EDICIÓN DA FESTA DO PAN DE CEA



Infogauda / Ourense




O Centro Cultural da Deputacióna colleu o acto de presentación da XX edición da Festa do Pan de Cea, que este ano terá lugar o día 3 de xullo nesta coñecida vila ourensá.
A festa, declarada de interese turístico e organizada polo concello de Cea e pola asociación de panadeiros acollidos á indicación xeográfica protexida “Pan de Cea”, terá como pregoeiros a Patricia Vázquez e Tacho González, actores da serie “Padre Casares” (ás 13:00 horas).


Logo haberá actuación das Pandereteiras de Cea e de charangas, baile amenizado por unha orquestra e, pola tarde, degustación gratuita de pan de cea e chourizos ao viño con productos donados pola empresa de embutidos tradicionais “Castro Bello”.


Tamén haberá expositores das diferentes denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario