O BNG do Rosal informa que o alcalde esta permitindo realizar soterramentos sen licenza municipal
O alcalde está facendo a vista gorda e utilizando dúas varas de medir, unha para as empresas e outra para os veciños, asegura o BNG
Infogauda / O Rosal
O BNG do Rosal denuncia que se están realizando soterramentos en varios lugares do Rosal, sen licenza municipal e co coñecemento e permisividade do alcalde.
Segundo sinalou o voceiro municipal nacionalista, Alberte Alonso Pereira, o alcalde ten coñecemento destas obras e sabe que non teñen licenza, pois “é o goberno municipal que el preside quen ten que outorgalas, máis esta facendo a vista gorda”.
Alonso Pereira indica que o alcalde está aplicando dúas varas de medir, “unha para as empresas grandes, que inician as obras sen licenza e outra para os veciños, que lle esixe as preceptivas licenzas con todos os requisitos legais antes de iniciar as obras, que é como debe ser para todo o mundo”, afirma.

Así mesmo, os nacionalistas informan que a empresa presentou no concello catro proxectos para realizar estes soterramentos. Pero a día de hoxe carecen da oportuna licenza municipal, polo que non se poderían ter iniciado e no seu caso, o alcalde debería telos paralizados.
Un ddeles está fronte o campo de fútbol da Mata, e situado nunha zona con moita pendente que na súa zona máis baixa, linda cun camiño e cunha casa. O BNG pregúntase quen asumiría a responsabilidade de posíbeis danos, se coas chuvias caídas estes días, se producise un corremento de terras: A empresa, por realizar as obras sen licenza ou o concello por permitilas?.
O BNG espera que o alcalde actúe con celeridade e restableza a legalidade vixente, outorgando, se procede, a licenza preceptiva e solicitándolle todos os requisitos legais como a calquera veciño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario