5 de dec. de 2011

O ROSAL

OS CAMPELOS VOLTAN AS ANDADAS POLO NADAL

Infogauda / O Rosal


Estamos de noraboa. Os Campelos xa están argallando unha nova actuación que será o domingo día 18 de decembro, ás 18:00 h., no Auditorio Municipal do Rosal.

Como é de prever o aforo vai resultar insuficiente para acoller a tódolos devotos deste dúo desternillante de rosaleiros que ó longo da súa actuación brindarannos á esgalla, unha boa dose de humor concebido no vizoso Val do Rosal. Por iso haberá un segundo pase ás 20:00 h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario