6 de feb. de 2012

O ROSAL

SERGIO DIEGO E CARLOS ÁLVAREZ, “OS CATAS”, CAMPIÓNS DO II OPEN DE FUTBOLÍN O ROSAL 2012 CELEBRADO NO BAR FLORO


Juan Ramón Martínez Barbosa / Presidente da Asociación Os Cabaqueiros

O pasado venres 3 de febreiro tivo lugar o II Open de Futbolín O Rosal 2012 organizado pola Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros coa colaboración do Bar Floro.

Esta nova competición -que se intenta convocar cada mes- reuniu en tres días ao máximo de xogadores establecido dende a Asociación (32 participantes, para facer 16 equipos).

A parella gañadora, “OS CATAS”, formada por Sergio Diego Fernández “Frony” e Carlos Álvarez da Concepción, venceron na gran final ao equipo “APAÑO”, integrado por Ángel Martínez Diego e Gustavo Jurado Fernández.

O terceiro posto foi para o equipo “SERRA”, formado por Sergio Casal Fernández “Yeya” e Juan Ramón Martínez, que gañaron á parella “OS PIPAS”, integrada por Rebeca Rodríguez Rodríguez e Carlos Álvarez Antúnez “Sevi”.

Lembramos que cada xogador/a que participa nos OPEN inscríbese individualmente, saíndo o seu compañeiro/a por sorteo, efectuado intres antes de comezar as partidas, o que lle dá un “plus” extra de emoción ao evento.

A Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín quere agradecer publicamente a inestimable axuda e apoio do Bar Floro (Novás-O Rosal) para a celebración deste segundo campionato, así como a participación e comportamento exemplar de todos os xogadores e xogadoras.

Este venres 10 de febreiro ás 20:30 horas o Centro Social Polivalente do Rosal acollerá o acto de entrega dos diplomas conmemorativos, tanto do I Open celebrado en xaneiro no Bar Troya como deste II no Bar Floro.

Igualmente a Asociación Os Cabaqueiros presentará ese mesmo día a Reestruturación da Liga Nacional de Futbolín no Baixo Miño que organizará a partir deste ano 2012 en colaboración con Presas e Recreativos Jopeco.

A proposta da Asociación -se hai interese- será a de crear tres categorías (1ª, 2ª e 3ª División) así como unha liga “Mixta” (rapaz-rapaza) que remataría en maio, estando todos os equipos participantes federados e con opción de ir gratuitamente aos distintos Campionatos de España de Futbolín.

Ao final do acto e como colofón, a Asociación Os Cabaqueiros, agasallará aos asistentes cuns pinchiños e un viño galego.

Máis información no teléfono 637 311 007, no correo electrónico asociacioncabaqueiros@hotmail.com, no perfil da Asociación en facebook así como no seu blog oficial www.asociacioncabaqueiros.blogspot.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario