24 de mar. de 2012

O ROSAL

O CONCELLO DO ROSAL HABILITARÁ UN DESPACHO PARA ATENDER OS AFECTADOS POLAS PARTICIPACIÓNS PREFERENTES

- O servizo comezará o vindeiro mércores e será atendido por un funcionario do Instituto Galego de Consumo e persoal municipal




O CONCELLO DO ROSAL INFORMA:

Ante a preocupante situación creada pola comercialización de participacións preferentes no Rosal, e co obxecto de buscar unha solución, o Instituto Galego de Consumo da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia vai analiza-las situacións concretas producidas por dita comercialización.
Con tal motivo, a partir do vindeiro mércores 28 de marzo, o Concello habilitará un despacho no que un funcionario do citado instituto e persoal municipal atenderá ós afectados para analiza-la documentación e a forma de comercialización das citadas participacións.
O horario de atención ós afectados será de 9:00 ás 14:00 horas.
Atenderase a un máximo de 15 persoas/día.
Para ser atendido debe solicitar cita previa previa persoalmente nas Oficinas Xerais do Concello do Rosal ou a través do teléfono nº 986 62 50 00.
Debe traer toda a documentación da que dispoña.

O ROSAL, 24 de marzo de 2012.

Asdo.: Jesús Mª Fernández Portela

Ningún comentario:

Publicar un comentario