O DÚO HUMORISTÍCO OS CAMPELOS ACTÚAN ESTE DOMINGO NO AUDITORIO DO ROSAL

Infogauda / O Rosal
O dúo humorístico Os Campelos, actuará este domingo día 18 de decembro, ás 18:00 h. no Auditorio Municipal do Rosal. En caso de completarse o aforo - 342 prazas -, como é de prever, habería un segundo pase, ás 20:00 horas.
Francisco Rodríguez Fernández e Roberto Fernández Rodríguez - Os Campelos - ofrecerán un espectáculo no que o principal ingredinte será o humor, que é moi de agradecer, polas súas características salutíferas para o corpo e o esprito. Ainda que se cadra, poida que alguén do público "protagonice" involuntariamente algunhas das ocurrencias dos Campelos, no decurso da función, honor que con certeza contará finalmente cos aprausos do respectable público, que unha vez máis, por cuarto ano consecutivo fará que o Auditorio Municipal do Rosal, rexistre un cheo ata a bandeira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario