26 de feb. de 2012

O ROSAL

Carlos Álvarez Antúnez e Daniel Rodríguez Martínez, "Os Dalton" , vencedores do I Torneo de Futbolín Dálle co Sacho!

O evento foi orgaizado pola Asociación Cultural A Velha na Horta coa colaboración da Asociación Os Cabaqueiros

Juan Ramón Martínez Barbosa / O Rosal

O luns 20 de febreiro celebrouse na Liga de Amigos do Rosal o I Torneo de Futbolín Dalle co Sacho! O evento, que se fixo coincidir co Entroido 2012 estivo organizado pola A.C. A Velha na Horta coa colaboración da Asociación Os Cabaqueiros. Carlos Álvarez Antúnez e Daniel Rodríguez Martínez, "Os Dalton" foron os vencedores deste primeiro campionato tras vencer na final a "Os Impresentables", equipo formado por Jonatan Martínez Español e Lucas De Santiago Gómez. O partido polo 3º e 4º posto, foi aprazado, xogándose ao día seguinte no Bar Troya, resultando gañadores "Modern Talking", parella formada por Jorge Díaz Rocha e Andrés Martínez Rocha. O cuarto posto foi para "Pegafuerte", equipo integrado por Ángel Martínez Diego e Ruth Martínez Barbosa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario