14 de feb. de 2012

SAN MIGUEL (O ROSAL)

ENTROIDO E SCALEXTRIC NA SRC SAN MIGUEL

Jorge Cardoso Mariño
Vicepresidente da SRC San Miguel

A SRC San Miguel celebrará este sábado 15 de novembro a terceira edicion do Rally do Tamuxe na modalidade “SCALEXTRIC”, a que se abrirá a participación de toda a persoa que o desexe nas categorías de menores de 14 anos e maiores de 14 anos con unha suscripción de 3 e 5 euros.
O evento abrirase o sábado pola mañan con entrenamentos libres a partir das 10.30 h. ata as 13 h. na que nesta edición teremos 4 pistas/recorridos unha mais que na anterior e serán instaladas no Salon Multiusos que dispon a asociación no seu local social en San Miguel de Tabagón (Pontevedra) para pasar a comida no Restaurante As Brasas as 14.00 h no que rogamos confirmación no teléfono 672085534
Nesta modalidade compitese de maneira que os pilotos teñen que cubrir os catro tramos e quen faga na suma de todos en menor tempo pasa a final onde se voltara a recorrer os tramos facendo a suma das duas especiais quen dara os gañadores e sucesores da anterior edición que foron Juan Estevez de Porriño na categoría dos maiores e Borja Rodriguez na categoría dos menores de 14 anos.
No caso de que algún participante non teña un coche de competición a organización ten a disposición coches para participar.
Retomarase a partir das 16.00 h para empezar a competición oficial no sistema de rally nas cuales sabremos ser os gañadores.Os tres primeiros clasificados de cada categoría recibirán diploma e premios en metalico.
Tamen o luns dia 20 tera lugar no noso Salon Multiusos o tradicional baile infantil de Entroido 2012 para os cativos con xogos e chuches e que disfruten un b odia en compañía dos amigos e os país.
E para rematar as actividades do Entroido 2012 o sábado 3 de Marzo “Baile de Piñata” unha noite maxica con disfraces, sorteos e regalos durante toda a noite amenizado por un grupo musical .

Ningún comentario:

Publicar un comentario