13 de nov. de 2026

OIA

A gastroneta “Galicia sabe a mar” visita Oia este sábado  

•  A unidade móbil estará situada na praza Centinela, onde atenderá ao público en dúas quendas: de 12:30 a 15:30 horas e de 18:30 a 21:00 horas



Infogauda/Oia

 Oia recibirá este sábado, 14 de novembro, a visita da gastroneta “Galicia sabe a mar”, unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia para promover e poñer en valor a calidade, a variedade e a riqueza dos produtos do mar galegos.  

 A unidade móbil estará situada na praza Centinela, onde atenderá ao público en dúas quendas: de 12:30 a 15:30 horas e de 18:30 a 21:00 horas.  

 Baixo o lema «Galicia sabe amar», esta campaña da Xunta de Galicia busca achegar os produtos pesqueiros e marisqueiros á cidadanía, fomentar o seu consumo e dar visibilidade ao traballo dos profesionais do sector do mar, unha actividade fundamental para a economía, a cultura e a identidade galegas.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario