A OMIX DA GUARDA ORGANIZA UN OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE CANDEAS ARTESANAIS
• A actividade terá lugar o sábado 28 de novembro, de 10:00 a 13:00 horas, na Casa do Concello
Infogauda/A Guarda
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) da Guarda organiza o sábado 28 de novembro un obradoiro de elaboración de candeas, unha proposta creativa e práctica dirixida a todas aquelas persoas interesadas en descubrir o seu proceso de elaboración artesanal.
A actividade terá lugar na Casa do Concello, en horario de 10:00 a 13:00 horas, e permitirá ás persoas participantes achegarse ás técnicas básicas para elaborar as súas propias candeas, coñecendo os materiais e os pasos necesarios para crear pezas únicas e personalizadas.
Esta iniciativa forma parte da programación de actividades impulsadas pola OMIX da Guarda, co obxectivo de ofrecer alternativas de lecer creativo, fomentar a participación e achegar á veciñanza novas experiencias de aprendizaxe e desenvolvemento de habilidades manuais.
As persoas interesadas en participar deberán realizar a súa inscrición previa a través do seguinte formulario en liña, antes do 23 de novembro:

Ningún comentario:
Publicar un comentario