O CONTACONTOS “BIBLIOCANTA” CHEGA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DA GUARDA
• A cita de animación á lectura terá lugar o sábado 21 de novembro, ás 12:00 horas no Centro Cultural da Guarda
Infogauda/A Guarda
A Biblioteca Municipal da Guarda acollerá o sábado 21 de novembro, ás 12:00 horas, unha actividade de animación á lectura baixo o título “BiblioCanta”, unha proposta que combina contacontos e cancións populares galegas para achegar o patrimonio musical tradicional aos máis pequenos.
Dirixida a nenos e nenas a partir dos 3 anos, “BiblioCanta” permitiralles descubrir e desfrutar do cancioneiro tradicional galego. A través de ditos, recitados e cancións populares, a actividade busca recuperar e manter viva unha parte importante da nosa cultura oral, evitando que estas expresións caian no esquecemento e converténdoas de novo nunha forma de lecer, aprendizaxe e expresión.
A actividade terá lugar na Biblioteca Municipal da Guarda e contará con entrada libre ata completar a cabida.

Ningún comentario:
Publicar un comentario