A GUARDA CELEBRARÁ A XXIV EDICIÓN DA CARREIRA PEDESTRE POPULAR JULIA VAQUERO
• A proba, incluída na programación festiva da Festa das Mercedes 2026, celebrarase no barrio da Gándara, o sábado, 12 de setembro, a partir das 18:00 horas e contará con categorías para todas as idades
Infogauda/A Guarda
A Guarda acollerá un ano máis a XXIV Carreira Pedestre Popular Julia Vaquero, que terá lugar o vindeiro sábado, 12 de setembro no barrio da Gándara, a partir das 18:00 horas.
Esta tradicional cita deportiva reunirá participantes de todas as idades, cunha programación adaptada ás diferentes categorías e idades, tanto masculinas como femininas. As distancias irán desde os 100 metros para os máis pequenos ata os 6,5 quilómetros das categorías de maiores.
As categorías e percorridos establecidos son:
• Categoría A: nacidos/as en 2022 e posteriores – 100 metros.
• Categoría B: 2018-2021 – 300 metros.
• Categoría C: 2014-2017 – 750 metros.
• Categoría D: 2010-2013 – 1.200 metros.
• Categoría E: 1999-2009 – 6.500 metros.
• Categoría F: 1985-1998 – 6.500 metros.
• Categoría G: 1970-1984 – 6.500 metros.
• Categoría H: 1969 e anteriores – 6.500 metros.
A carreira mantén así o seu carácter popular, participativo e interxeracional, convidando tanto a corredores habituais como a persoas que desexen achegarse ao deporte e desfrutar dunha tarde de actividade física e convivencia na Gándara.
As inscricións son gratuítas e, pese a rematar o prazo o pasado luns, será posible inscribirse o propio día da carreira, entre ás 16:30 e ás 17:30 horas, na mesa de secretaría habilitada para a proba.

Ningún comentario:
Publicar un comentario