O persoal de Lugove-Subus (empresa que presta o transporte en autobús na comarca do Baixo Miño e Val Miñor) desenvolverá mobilizacións
• Este venres, 28 de agosto, ás 10:00 horas, na Estación de autobuses de Vigo e ás 12:00 horas, na delegación da Xunta en Vigo
Infogauda/Vigo
O persoal de Lugove-Subus (empresa que presta o transporte en autobús na comarca do Baixo Miño e Val Miñor) desenvolverá este venres, 28 de agosto, mobilizacións no marco da terceira xornada de folga contra os reiterados incumprimentos laborais e na prestación do servizo.
O persoal critica o mutismo da compañía xa que, malia o importante seguimento dos paros anteriores, segue sen manter contacto coa representación social nin intenta chegar a acordo para resolver as numerosas problemáticas denunciadas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario